Aberta a inscrición no curso de danza latina no Espazo de Danza da USC de Lugo

Imagen libre de derechos: unsplash

XAN 2018 A programación do Espazo de Danza da USC para o segundo semestre no campus de Lugo contempla un curso de danza latina (salsa, bachata, merengue, conga, cha-cha-chá e rueda cubana) na modalidade de nivel intermedio. Miguel David Herrera será o encargado de impartir este curso de danzas latinas, a través do que os participantes poderán perfeccionar a súa técnica e expresión corporal nos diversos bailes caribeños, ademais de poñer en valor a cultura latinoamericana.

O curso está estruturado en 30 horas de formación, que se desenvolverán os venres desde o 23 de febreiro ata o 8 de xuño na Sala de Danza e Teatro da Facultade de Veterinaria, en horario de 16.00 a 18.00 horas

O prazo de inscrición nesta nova programación do Espazo de Danza da USC na sede universitaria luguesa permanecerá aberto desde o 1 de febreiro ata completar as prazas ofertadas. As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo nas oficinas da Área de Cultura do campus de Lugo, situadas no edificio de Vicerreitorías, ou ben a través dos números de teléfono 982 821 510 ou 982 821 513.