A compañía de teatro de Lugo “Os Palimoquiños” gaña o certame Xuventude Crea 2018

Novembro 2018 É oficial, é realidade, é para celebrar: Os Palimoquiños – Palimoco Teatro  acaban de gañar un dos certames máis importantes…o Xuventude Crea 2018.

Se o outro día anunciábamos que chegaran á final (xunto con tres fotógrafos lucenses na categoría de foto), hoxe, luns 19 podemos anunciar que gañaron o certame como indica o comunicado da organización:

XUVENTUDE CREA 2018 – GAÑADORES DA ESPECIALIDADE DE TEATRO
1º premio:

 – Os Palimoquiños, coa obra “Así que pasen cinco anos”

2º premio: 

– Trémola Teatro, coa obra “Se pechas os ollos”

3º premio compartido:

– Teatro do Improvisto, coa obra “Gretel”
– Lobishomes, coa obra “Insilio”

A ledicia nesta redación é máxima xa que Palimoco Teatro confiounos a elaboración da fotoreportaxe e o vídeo desta obra. 

Xuventude Crea” está promovido pola Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Trátase do certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de  teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, moda, deseño de xoias, cociña e skate. Está dirixido a mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2018 e pretende impulsar e difundir o talento destes novos creadores.