Decembro 2018  A Escola Palimoco Teatro Danza de Lugo ofrece dous cursos impartidos por profesionais de renome internacional este nadal:

  • Creación Escénica desde unha perspectiva feminista.
  • Intensivo de  Danza Contemporánea e Creación

Creación Escénica desde unha perspectiva feminista.

Día 29/30

Horario: de 10 horas a 14 horas

Nome: Marta Pérez (Inversa Teatro)

Matrícula aberta en Palimoco Teatro Danza -fb-

A temática feminista para Inversa Teatro é unha intención fundamental en todos os seus traballos e sempre se toma isto como punto de partida á hora de crear. Este taller pretende reclamar un espazo “contracultural” propio onde o texto dramático busque re-presentar ás mulleres como suxeitos de propio dereito e non como simples figuras supeditadas sempre á figura central do “home” como a tradición da dramaturxia realista deu en facer. Son talleres moi específicos pero non por elo pechados, pois está aberto a todo aquel público que lle apeteza adentrarse no feminismo e como pode ser aplicado desde a escena. Traballamos con artigos feministas, revistas do corazón, textos filosóficos, etc…Nesta ocasión, ademáis, gustaríame ademais reorientar este taller para poder facer unha reflexión sobre as diferentes violencias machistas, e así tamén aproximarnos ao proceso de creación da obra máis recente da Cía que versa sobre a estrutura da violencia de xénero: Sofía e as Postsocráticas.

MARTA PÉREZ (A CAÑIZA, 1979)

Actriz e creadora escénica. Licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Directora de Inversa Teatro- nacida en 2009- coa que leva sete producións teatrais: Expostas- da que é co-autora e que foi publicada pola Revista Galega de Teatro, Kamouraska, Paper Dolls, Té con Kant, tamén co-escrita por ela xunto con María Caparrini, Fémina Sapiens de autoría propia, Sofía e as Postsocráticas e Sofía. Inversa levouna a realizar xiras por Brasil, Colombia, México, Venezuela, EEUU e Portugal tanto no 2012 coma no 2013 e 2014. Estudou interpretación nas escolas Santart e Espazo Aberto de Santiago de Compostela. No 2015 recibe o XV Premio Teatral Maruxa Villanueva pola súa interpretación en Té con Kant e pola súa traxectoria á fronte da Cía. Inversa Teatro. No 2016 recibe o II Premio de dramaturxia breve a Pipa de Becerreá pola peza Catiúscas (peza que versa sobre os malos tratos) e que foi pola Revista Galega de Teatro.

Foi fundadora e co-propietaria da compañía de Teatro Arela dás Artes desde 2002 ata o 2007, coa que realizou sete producións profesionais.

Traballou tamén para outras compañías como Cámara Negra Teatro, Noescafé Teatro (Alt Vigo), Fura dels Baus, Blanco&Roja, Aporía Escénica, Lingoretas, Raigame Teatro e Escena-T e ten elaborado traballos persoais escénicos por encarga como Rosalía de Castro ou Dona Urraca. No campo audiovisual, foi dobladora e participou en varias curtametraxes e longametraxes. Traballou como actriz contratada na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e impartiu cursos a través da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra. Foi convidada a diferentes Festivais e convencións teatrais en Galicia, España, Portugal e Latinoamérica onde impartiu distintos talleres, cursos, charlas e relatorios. Colaborou coas Embaixadas de España en Colombia e Venezuela, en concreto con cursos e talleres sobre as Artes Escénicas desde unha perspectiva de Xénero no Centro Aecid de Cartagena de Indias- Colombia e na Universidade das Artes de Caracas. Coordina os Encontros de Mulleres Creadoras de Galicia: Mulleres Creando dentro do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO). Puntualmente tén colaborado escribindo artigos en diferentes revistas de teatro en Galicia e publicado en obras colectivas. Actualmente colabora no ZigZag Diario na sección de Artes Escénicas.

Intensivo de  Danza Contemporánea e Creación

Traballaremos a partir da técnica contemporánea, preparando os nosos corpo e mente para recibi-la e entende-la a través do entrenamento físico, secuencias bailadas e creación. Tamén investigaremos no traballo por parellas do Contact e as súas posibilidades.
Todo o traballo partirá sempre dende a esencia individual de cada participante respetando o noso corpo e levándoo ao máximo das súas posibilidades.

Será impartido polos creadores, intérpretes e fundadores do Colectivo Glovo en danza Esther Latorre e Hugo Pereira.

Matrícula aberta 

ESTHER LATORRE
Licenciada en danza contemporánea polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e en Maxisterio de Educación Física pola USC. Despois de rematar os seus estudos no Conservatorio de Danza, mudouse para Valencia, onde forma parte da Jove Companyia de Dansa Gerard Collins baixo a dirección de Mamen García por dous anos, interpretando pezas de coreógrafos como Gustavo Ramirez, Amaury Lebrun, Carmela García .. . Trasládase a Portugal en 2015 coa Compañía de Dança do Norte (North DANCE COMPANY) baixo a dirección de Pedro Pires e a produción de ‘barulhos NOSOS’. En 2016 empezou a traballar coa compañía Valenciana Maduixa Teatre, coa cal está actualmente realizando ‘Mulïer’ (Premi Moritz Millor Estrena de Carrer 2016, Premio Max «Mellor espectáculo de rúa» «Mellor composición musical») e percorreu xa países como Taiwán, Costa Rica, Honduras, Corea, El Salvador, Francia, Reino Unido… En 2016 tamén funda o Colectivo Glovo xunto ao tamén bailarín Hugo Pereira.

HUGO PEREIRA
Natural de O Porto, comenza a súa formación no Conservatorio de danza de Aveiro, onde se graduará no 2015. Recibe diversas formacións en danza contemporánea con mestres como: Akram Khan Dance Company, Sagi Gross (GrossDanceCompany, NEDERLANDS), Shirley Esseboom (NEDERLANDS), Víctor Hugo Pontes (Nome Proprio, PORTUGAL), Bruno Alexandre (PORTUGAL), Carmela García (Otradanza, ESPANHA), Julia Weh (ALEMANHA), Romulus Neagu (PORTUGAL)… Formou parte da Companhía de Dança do Norte na produción de 2015-2016 “Barulhos nossos” e participou en diversos festivais nacionais e internacionais de creación. Actualmente está inmerso no proxecto GLOVO, no que, xunto a Esther Latorre, desenvelve o seu traballo de creador e intérprete.