Decembro 2018 Un dos mellores espectáculos familiares dos últimos tempos, Shrek O Musical, representarase en Lugo o próximo sábado 22 de decembro, ás 18:00 no Auditorio Gustavo Freire. Trátase da primeira adaptación OFICIAL  ó galego da oscarizada película da productora DreamWorks , levando ós escearios a divertida historia do gran ogro verde Shrek, Fiona, Burro … e demáis personaxes (a trama é a da primeira peli) para disfrute tanto de peques como adultos.

50 intérpretes en escena (galegos e galegas todos eles), unha escenografía brutal, varios cambios de decorados e un desplegue técnico impactante, Banda de Músicos en directo e un coro de mais de 30 persoas, «gags» de rir ás gargalladas,  vestuario e coreografías espectaculares, o beneplácito de DreamWorks e o éxito de crítica e público son os argumentos de peso para non perderse este musical onde se amosan valores como a aceptación e o amor por un mesmo, a amizade e a como afrontar os estereotipos e as diferencias.

Shrek O musical, conta cunha historia poderosa onde a ficción e a realidade cotiá crúzanse constantemente para dar un marco posible á historia de amor máis verdadeira, onde a aceptación do outro, coas súas luces e sombras, é a chave máxica para encontrar o amor, a amizade e a felicidade.