Fotografías de «Cartografía en Movemento»

Setembro 2019 O vivido esta fin de semana en Lugo co Festival Cartografía en Movemento foi do máis fermoso do ano en moitos aspectos: cultural e artístico, por suposto, pero tamén desde un punto de vista social e de facer cidade e cidadáns sensibles cos tempos que estamos a vivir e coa nosa contorna humana (familia, amigos, veciños e veciñas) e física (rúas, prazas, pedras milenarias) grazas ás propostas de danza e artes escénicas nas rúas que conformaron un programa dunha calidade exquisita.

Promovido pola asociación lucense 3monos e co apoio de Cultura do Concello, velaiquí unhas fotos que só aproximánse un chisco ao vivido, Cartografía é un festival a vivir en primeira persoa…a non perder a próxima edición por nada do mundo.