Fotoreportaxe: 30 anos de Achádego Teatro

Maio 2018 Fin de semana intenso en teatro e emocións. Fin de semana de celebración. Os 30 anos de Achádego Teatro con teatro para ver, coas representacións do Anxo Manoel e do Brian que faceron rir a esgalla; teatro para falar sobre teatro, coas charlas como a das actrices María Vázquez e Melania Cruz sobre a situación das mulleres na escena galega; teatro para reunirse entorno ao teatro, co  I Encontro de actores e actrices de teatro amador da Provincia de Lugo, no que o discurso de Tereixa Campo emocionou (nos) a más de unha persoa da sala… teatro e máis teatro, que sigan as celebracións, que non se peche o telón.

Ademáis da celebración do 30º aniversario de Achádego Teatro, tamén lembraron o 10ª aniversario do programa Buxiganga da Deputación.

García Porto subliñou que o Buxiganga “naceu para que os numerosos grupos de teatro afeccionado da provincia poidan amosar as súas obras e os seus proxectos nos Concellos. Ademais, este proxecto cultural pretende dinamizar e promover a actividade cultural, social e económica dos municipios lucenses, especialmente os do rural”. O ano pasado inscribíronse nesta programación 35 grupos de teatro e 64 entidades solicitantes: 30 asociacións e 34 Concellos. Isto produciu que se realizaran preto de 105 actuacións en 44 localidades da provincia, e nas que participaron preto de 380 actores e actrices.

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a Concelleira de Cidadanía do Concello de Lugo, Rosana Rielo foron as autoridades que recibiron este sábado, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, aos compoñentes de Achádego Teatro e aos actores e actrices de teatro afeccionado que participaron na celebración

 
DEPUTACION-BUXIGANGA
Fonte: Gab. Com. Deputación