Lois Pérez achégase dende o humor a Jorge Luis Borges

Xuño 2019 «Cando espertou, Borges aínda estaba alí» é un deses eventos para non perder porque xunta a dous artistas imperdibles: o lucense Lois Pérez e o arxentino Jorge Luis Borges. 

Lois Pérez (narrador oral, poeta e comediante) achégase dende o humor e a narración oral á figura do arxentino Jorge Luis Borges, un dos escritores fundamentais a ter en conta na literatura universal.

Para asistir ao mesmo, non cómpre ter lido nin a Borges nin a Lois Pérez. Entrada gratuita ata completar aforo. 

Día: Xoves 27/06

Hora: 20:30

Lugar: Auditorio do Vello Cárcere

En Viva Lugo:

Vida, obra e milagres do escritor lucense Lois Pérez

 

Narración oral e humor con Lois Pérez