O IX Festival Internacional Tangoliber reunirá a máis de 250 amantes do tango chegados de todo o mundo dende o 19 ata o 22 de xullo en Lugo. Entre os participantes, atópanse bailaríns de referencia como poden ser os campións do mundo de tango Maximiliano Cristiani ou Maria Inés Bogado.

Xullo 2018 A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, a Concelleira de Benestar social, igualdade e inclusión de Lugo, Ana González Abelleira, a Secretaria da Asociación Cultural Tango Club Galicia, Alejandra Botigué Tiberio, o presidente do Círculo das Artes, Miguel Caraduje Somoza, e outras autoridades presentaron este mércores no Círculo das Artes de Lugo o IX Festival Internacional Tangoliber.

García Porto explicou “estamos a falar dunha importante cita cultural, que achega un dos estilos de baile máis importante do mundo aos lucenses, á vez que atrae a máis de 250 persoas que durante 4 días visitarán e coñecerán a cidade de Lugo, situándoa dentro do circuíto internacional do tango.” A Deputada convidou a todos os lucenses e visitantes a participar neste evento que inclúe actividades gratuítas e abertas, que os pode levar a descubrir un novo estilo de música e baile”.

Pola súa parte, Ana Abelleira amosouse orgullosa de que Lugo acolla un ano máis este festival, de carácter internacional, e desta calidade. Así mesmo remarcou que se «trata dun evento que da boa conta da diversidade e interculturalidade que posuímos en Lugo», ao tempo que chamou a participar nesta cita lúdica, que vén a completar a ampla a programación que hai na cidade ao longo do verán, que vai dende concertos a excursións, pasando por distintas actividades de cultura urbana.

PROGRAMA IX Festival Internacional Tango Liber

Xoves 19 de xullo

-De 20:00 a 23:00 horas: Milonga de Benvida musicalizada por Magín Daniel López e Presentación do Festival na sala de exposicións da Deputación de Lugo. Actividade aberta e gratuíta. 

Venres 20 de Xullo

16:00 a 21:30 horas: Milonga de tarde musicalizada por Jose Guilherme na sala de Exposicións da Deputación de Lugo. Actividade aberta e gratuíta. 

19:00 a 20:00 horas: Tangoterapia impartida polo psicólogo Julio Corredoira na sala de Exposicións da Deputación de Lugo. Actividade aberta e gratuíta. 

23:00 a 4:00 horas: Gran Milonga del Viernes con exhibición de Karina Colmero e Maximiliano Cristiani musicalizada por Mª Carmen Villafuente no Salón Rexio do Círculo das Artes. Actividade para participantes con inscrición. 

Sábado 21 de Xullo

11:30 a 14:30 horas: Seminarios de Tango no Gran Hotel Lugo. Actividade para participantes con inscrición. 

16:00 a 19:00 horas: Milonga de tarde musicalizada por Francisco Serrano na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo. Actividade aberta e gratuíta. 

16:30 a 21:30 horas: Seminarios de Tango no Gran Hotel Lugo. Actividade para participantes con inscrición. 

23:00 a 4:00: Gran milonga de Tango Club Galicia con axhibiciónde Maria Iner Bogado y Roberto Zuccarino musicalizada por Victor Ariel Yuryevic no Salón Rexio do Círculo das Artes. Actividade para participantes con inscrición. 

Domingo 22 de Xullo

10:00 a 14:00: Seminario especializado de Tango no Gran Hotel Lugo. Para participantes con inscrición. 

12:00 a 14:00: Milonga na Praza Maior musicalizada por Magin Daniel Lopez. Actividade Aberta e Gratuíta. 

14:30 a 20:30: Comida y Milonga Despedida no Gran Hotel Lugo musicalizada Por Víctor Ariel Yuryevic. Actividade para participantes con inscrición