AG 2018 O cómico David Amor  e a actriz Marta Larralde darán sendas charlas no Salón de Actos da Deputación os días 21 e 31 de agosto, respectivamente. As charlas están abertas a todo o público en xeral, e calquera que desexe coñecer máis sobre a súa traxectoria profesional, así como da súa experiencia persoal no mundo da interpretación, pode achegarse a elas. 

Forman parte das  actividades gratuítas do Campamento de Teatro Urbano, que organizan Deputación e Concello. Esta iniciativa está tendo lugar no centro histórico da cidade durante todo o mes de agosto.

David Amor, é un monologuista e actor pontevedrés, que actualmente colabora nun dos programas da televisión máis vistos, “Zapeando” de laSexta, e que continúa interpretando ó personaxe de Tito en “Gym Tony” de Cuatro, unha serie que vai xa pola cuarta tempada.

A actriz Marta Larralde pechará os campamentos de teatro urbano no salón de actos da Deputación Provincial, será o dia 31 ás 19:00 horas. Esta masterclass impartida pola viguesa será gratuíta e aberta ó público en xeral. A actriz interactuará cos nenos asistentes a través de diversos xogos e compartirá co público a súa experiencia persoal no mundo da interpretación, dando a coñecer máis profundamente a súa traxectoria profesional. Larralde protagonizou recentemente, na serie Fariña, o papel de Nieves, a primeira esposa que tivo Sito Miñanco.