“Opino deque” é unha parodia, unha reflexión humorística sobre os medios de comunicación, a súa influencia e a polarización das opinións na sociedade.  “Opino deque” é humor en estado puro.

Setembro 2019 Achádego teatro leva o Auditorio Gustavo Freire este domingo día 29 a partir das 20:00 a súa nova obra coa que percorrerán varios escenarios da provincia o vindeiro ano: «Opino deque…».

A representación pon punto e final os circuitos de teatro amador que tiveron lugar no auditorio durante o mes de setembro.

«Opino deque…»

Galaicus radio é un medio de comunicación moderno en contacto coa realidade. Una radio na que os oíntes sempre se sinten identificados. Unha radio onde o debate e o protagonista da súa programación, con temas de interese xeral como as festas
gastronómicas, as luces do nadal, a limitación a 90 das estradas. Todo tipo de temas teñen cabida en Galaicus radio. 

“Opino deque” é unha parodia, unha reflexión humorística sobre os medios de comunicación, a súa influencia e a polarización das
opinións na sociedade.  “Opino deque” é humor en estado puro con textos elaborados polos dous integrantes do grupo, Lourdes Abuide e Anxo Manoel. O público senta e ri durante a hora e media
que dura o espectáculo.