Os Microefectos Dramatúrxicos voltan co microteatro ao Clube Clavicémbalo

Os Microefectos Dramatúrxicos voltan co
microteatro ao Clube Clavicémbalo de Lugo.

Dous pases o xoves 05 e venres 06 de setembro.

Microefectos Dramatúrxicos

Setembro 2019 Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos  Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo en sesión de tarde e noite o xoves 05 e venres 06 de setembro en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse catro pezas novas:

FIV

Escriben: Anxo Manoel e Isa Herrero. Dirixe: Anxo Manoel.

Interpretan: Isa Herrero, Anxo Manoel e Conchi Madrina.

Turismo ridículo

Escribe e dirixe: Elvira Velasco. Interpretan: María Grandío, Brian Rodríguez, Raquel López, Conchi Madrina e Elvira Velasco.

Youtuber 

Escribe e dirixe Raquel López. Interpretan: Conchi Madrina, Anxo Manoel e Elvira Velasco.

O suín do Bargueiras

Dirixe: Anxo Manoel. Escribe: Lois Pérez.

Interpretan: María Grandío, Brais García, Brian Rodríguez, Raquel López e Anxo Manoel.

Microefectos  Dramatúrxicos 

O grupo pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.

Microefectos Dramatúrxicos volven a emocionar no Clavi