Participa no Festival de Artes Escénicas de Lugo: Cartografía en Movemento

Xa está aberta a inscrición para participar no Festival de Artes Escénicas de Lugo: Cartografía en Movemento 2019 "Constelando a cidade"

Agosto 2019 A VIII edición do Cartografía está en marcha coa apertura de propostas para participar neste festival que enche a cidade de Lugo de danza, teatro,poesía, en puntos de intervención plástica ou performativa.

Promovido pola asociación lucense 3monos, terá lugar os vindeiros 27 e 28 de setembro e as condicións para participar son:

  • calquera linguaxe artística é válida para construir unha peza breve (de non máis de 15 minutos) que sexa froito dese encontro co lugar.
  • todo o mundo é benvido, amateur ou profesional
  • a participación en Cartografía en Movemento non ten ningunha retribución económica.
  • cada artista/grupo poderá facer uso dun equipo de son.
  • hai unha pequena axuda para os desprazamentos (ata un máximo de 50 euros por peza) para aquelas persoas que vaian dende fóra de Lugo 
  • todos os participantes estarán convidados a unha cea fin de festa.

A data límite de recepción de propostas será o día 13 de setembro.

No caso de que as recibidas superen o número posible programable, acoutarase o número seguindo a orde de inscrición.

Envía o teu proxecto enchendo o formulario que se enlaza a continuación: https://docs.google.com/forms/d/18GAGUW5BbvfyM24XAzBrtUyZ-7mmbgv17P2tupVqKnw

Se tes algunha dúbida contacta con: info3monos@gmail.com

Foto para Viva Lugo do tandem máxico: Cordero - Pallón