Sold out! Microefectos Dramatúrxicos enche dúas noites seguidas o Clavi de Lugo

DEC 2017 Dúas noites. Dous pases por noite. Catro pezas teatrais por pase. Cheo total en cada pase. ¿Número total de aplausos e risas que cosecharon os de Microefectos neste par de noites de éxito? Un, dous, tres responda outra vez.

Incontables. Risas a esgalla. Aplausos por doquier. Altas doses de retranca, humor negro e ostias como panes a asuntos da actualidade nos guións da cada peza.  Actores e actrices no escenario e polo medio do público. Actrices e actores rozando a perfección. A eternidade.

Máis Microefectos e menos paroxetina nas recetas dos psiquiatras, máis teatro, máis comedia e menos química!!! A «felicidad» – cuidado, poñémonos en plan Coelho-  te espera as noites que actúen, alí onde actúen, os de Microefectos. Só tes que ir a buscala. A nosoutros pillounos a outra noite no Clavi.

 

 

 

 

 

Os integrantes de Microefectos Dramatúrxicos destas noites de gloria en acción: Anxo Manoel Lamelo, Conchi Madrina, Brian Rodríguez, Isa Herrero e os invitados: Rafael de la Fuente e Olalla Caamaño.
 

 

 

 

 

 

 

 

Microefectos Dramatúrxicos é un colectivo cultural vencellado ás artess escénicas en Lugo. Os integrantes do grupo teñen ligazóns con diferentes formacións teatrais, colectivos artísticos e asociacións culturais no ámbito galego. A súa experiencia e formación no campo das artes escénicas é igualmente diversa e vai dende o teatro ao cine, pasando polo monólogo ou a danza entre outros.

Os microefectos son obras curtas, de duración inferior aos 15 minutos, que varían considerablemente no número de personaxes implicados e no espazo escénico, polo que poden representarse en moi diferentes espazos. Actualmente o grupo de Microefectos Dramatúrxicos está a estrear catro pezas orixinais cada tres meses no Club Clavicémbalo de Lugo.

COMPARTE ESTE ARTIGO NAS TÚAS REDES