Visitas teatralizadas gratuítas ao Cemiterio de San Froilán

Visitas teatralizadas gratuítas para toda a familia: De quen ves sendo? Unha proposta distinta para coñecer o Cemiterio Municipal de San Froilán
«De quen ves sendo?» arrincará este domingo. Celebrarase unha ao mes ata xuño, ás 17:30 horas: 24 de marzo, 28 de abril, 19 de maio e 23 de xuño
A asistencia é gratuíta pero para participar é preciso retirar invitacións, na Sección de Cemiterios, na Ronda da Muralla, 197

Febreiro 20019 A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, presentou este mércores,  unha proposta distinta para coñecer o Cemiterio Municipal de San Froilán: visitas teatralizadas.

Trátase de coñecer a historia do cemiterio e da cidade a través dos ollos das personalidades que descansan entre os seus muros, a través da intervención teatral De quen ves sendo?, a cargo de Achádego Teatro, cuxos representantes tamén estiveron na presentación.

«Isto non deixa de ser unha aposta máis polo noso cemiterio, como un elemento turístico importante e como un elemento de recoñecemento; pola nosa historia e polo teatro», subliñou Rosana Rielo, quen avanzou que estas visitas, ademais de falar de personalidades, farán paradadas en distintos elementos do camposanto, como o Mauselo dos Ventosinos, o de García Abad, o Cristo Redentor de Asorei, o Xardín dos Arumes ou a Cruz dos Soldados Repatriados.

Tal e como anunciou a edil, celebrarase unha ao mes, de febreiro a xuño, ás 17:30 horas. Arrincarán este domingo, 24 de febreiro, e continuarán o 24 de marzo, o 28 de abril, o 19 de maio e o 23 de xuño. Este primeiro domingo falarán Eloi Maquieira e Alfredo Vila, arquitectos encargados da realización do cemiterio, e a persoeira Matilde, que centrará esta visita guiada. Os textos desta primeira visita son de Lourdes Abuide.

A asistencia a esta actividade de caracter familiar é gratuíta pero para participar é preciso retirar invitacións, na Sección de Cemitrios, na Ronda da Muralla, 197.

Visitas teatralizadas gratuítas ao Cemiterio de San Froilán