«Benvidas ao Club» Premio Especial Biznaga de Plata no Festival de Cine de Málaga

Marzo 2019 O Festival de Cine de Málaga ven de recoñecer ao documental lucense Benvidas ao Club co Premio Especial Biznaga de Plata Afirmando los Derechos de las Mujeres. A curtametraxe terá dous pases na grella do festival, o xoves 22 será o primeiro xunto ca entrega de premios, no emblemático cine Albéniz.

O documental foi estreado no Museo Provincial de Lugo o mércores 31 de outubro e desde aquelas Carmen PG Granxeiro xunto coa Plataforma Contra a Impunidade da Carioca están a facer proxeccións por toda Galicia.

Ademais destas sesións foi ofrecido durante unhas semanas en exclusiva no Diario Público e xa participou no VI Festival Cortometrajes Diputación de Jaén, van máis de 4000 espectadores para un traballo feito sen finanza ningunha e a eles sumaranse os que nas próximas semanas acudan ás proxeccións en Málaga ou á do Museo MARCO en Vigo, por citar algunhas das próximas citas.

Actualmente non é posible ver o documental online pero logo do seu paso por este festival agardan outros pases en Galicia e mostras de cinema en Brasil, ademais de que unhas semanas despois da proxección en Málaga o documental íntegro, e tamén a súa versión subtitulada en inglés, estarán dispoñibles a través da web da directora e de balde.

Benvidas ao Club