maullidos-gato-lugo

Febreiro 2019 Xa o decimos na súa estrea: “Maullidos de látex” é a nova curta lucense que dará que maullar e vaia se está dando. Ao Premio Vicente Risco a Mellor Guión no RIR-Festival súmase agora a súa inclusión no catálogo «Shorts from Galicia» que difundiráse  no prestixioso festival internacional de curtametraxes de Clermont-Ferrand.

A curta do lucense Brian Rodríguez Cortiñas foi seleccionada xunto outras cinco curtas galegas que viaxan a este certame:  ‘Limbo’, de Daniel Viqueira; ‘A nena azul’, de Sandra Sánchez; ‘La noche’, de Martín Romero; e ‘El Espectrorium’, de Judith Adataberna. Realizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), estas seis curtametraxes que lle dan forma foron elixidas por unha comisión especializada tras unha convocatoria pública aberta pola Agadic, á que se presentaron unha trintena de traballos de realizadores galegos. Seguindo un criterio artístico, a través desta escolma búscase dar conta do bo momento creativo do noso audiovisual.

 

Falamos con Brian no seu momento e recomendamos especialmente que non te perdas esta entrevista:  “Gústame facer humor serio” Brian Rodríguez, director de cine