ABRIL 2018 Amnistía Internacional cumpre 40 anos desde a súa legalización en España en 1978 e con este motivo presentan en Galicia o documental Grietas. Será o próximo xoves 12 de abril, ás 20 h, no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo.

Grietas foi dirixido por Xuban Intxausti, con guión de Lluis Arcarazo e producido por Mediapro con motivo deste aniversario e foi estrado en Madrid o pasado 21 de marzo.

É unha longametraxe documental composta por cinco historias reais de persoas como Ruth e Isabel, quen tras ser maltratadas, viven un proceso de transformación persoal; como Ascensión, quen tras 42 anos de procura consegue atopar os restos do seu pai fusilado un amencer de 1939; como Francisco e Aboubakar, que abandonaron os seus respectivos países buscando refuxio e un futuro mellor, pero malviven nun campamento de chabolas; como Axun e Mari Carmen que, unidas pola dor, xuntas buscan verdade, xustiza e reparación no País Vasco; ou como Luisa, que con tres fillas ao seu cargo e sen axudas do Estado, vese impelida a ocupar un bloque de vivendas xunto a outras quince familias.

Cinco historias unidas por un elemento común: son grietas nos dereitos humanos que persoas correntes tratan de reparar co seu impulso, determinación e escasos recursos. Grietas ás que o Estado ten a responsabilidade de facer fronte.

Amnistía Internacional – Lugo
Rúa Norias 15-1º, Of. 1. 27001 Lugo
Tfno.(+34) 982 801 836
lugo@es.amnesty.org
http://www.facebook.com/amnestylugo
Twitter: @amnistialugo

«Amnistía Internacional cuenta con el apoyo de más de 7 millones de personas en todo el mundo. Sólo en España, más de 84.000 personas son socias de la organización, 2.400 personas son activistas y más de medio millón colaboran asiduamente firmando nuestras peticiones. Gracias a su apoyo, la organización seguirá vigilante para que España cierre las principales grietas en derechos humanos que existen en la actualidad.
España todavía tiene la tarea de acabar con una serie de graves violaciones de derechos humanos que afectan a millones de personas.

1. España no es un buen país de acogida ni de protección de personas refugiadas.
2. La violencia de género sigue siendo imbatible.
3. El derecho a la vivienda y la salud deben ser considerados derechos humanos.
4. Un gran número de víctimas de graves violaciones aún esperan verdad, justicia y reparación.
5. La libertad de expresión amordazada y en peligro.
6. Hacer un mundo mejor desde España.»

Fuente: web oficial de Amnistía Internacional