Outubro 2019 Novas «sesións de filmoteca» co Club Cultural Valle Inclán e o CGAI na Casa do Saber de Lugo. Cada mércores de outubro proxectaránse:

Día 2 de outubro: Hamada, de Eloy Domínguez Serén.

Idioma orixinal: Árabe. Subtítulos: Galego. Duración: 89 minutos Sinopse: No medio do deserto do Sahara viven as xeracións ás que Marrocos negou o país en 1975. Con vitalidade, humor e situacións inesperadas, este documental é o retrato dun grupo de amigos que viven nun campamento de refuxiados en pleno deserto. O único que separa aos mozos do seu fogar é un campo de minas e o segundo muro militar máis grande do mundo. Son os chamados Sahrawis. 

Premios: Xixón 2018 (Mellor Dirección e Filme Español), Cinéma du Réel 2019 (Mellor Ópera Prima e Público Novo), Porto PostDoc 2019 (Mellor Director Emerxente)

Día 9 de outubro: Doentes, de Gustavo Balza.

Idioma: Galego. Duración: 85 minutos. Sinopse: Adaptación dunha excelente peza teatral de Roberto Vidal Bolaño, unha viaxe á fin da noite que recrea excelentemente o Santiago de Compostela dos anos cincuenta, en plena ditadura franquista. A dramática historia de Valeriano e Cañete nunha adoecida carreira, entre outras cousas, por eliminar o réxime, dá lugar a un áxil relato de supervivencia, de magníficas interpretacións e inzado de connotacións históricas e políticas.

Día 16 de outubro: Largo viaje hacia la noche, de Bi Gan.

Duración: 138 minutos. VOSE. Sinopse: Luo Hongwu volta a Kaili, a súa cidade natal, despois de escapar dela hai moitos anos. Alí comezará a buscar a muller que amou e que nunca logrou borrar da súa mente. O seu nome era Wan Qiwen. A segunda longametraxe de Bi Gan (tras a sorpresa que representou a súa ópera prima, Kaili Blues) presentouse no Festival de Cannes de 2018, onde foi recoñecida coma unha das mellores películas do certame, moi influída polo cine de Wong Kar-wai, antes de atinxir un inesperado éxito na súa estrea comercial na China.

 Día 30 de outubro: Hitchcock-Truffaut, de Kent Jones.

Duración: 79 minutos. VOSE Sinopse: Medio século despois da publicación de El cine según Hitchcock de François Truffaut, o director Kent Jones, coa colaboración no guión de Serge Toubiana, convida a algúns dos mellores directores do noso tempo a compartir os seus pensamentos sobre o perdurable legado e o xenio do mestre do suspense Alfred Hitchcock, tales como Martin Scorsese, Wes Anderson, David Fincher, Richard Linklater ou Olivier Assayas. E cun proveitoso material de arquivo que percorre toda a carreira de Alfred Hitchcock.

Salón de Actos da Casa do Saber. 19,30 h. Entrada de balde, ata completar aforo, para socios do Club Cultural Valle-Inclán e comunidade universitaria. Resto, cota proporcional de socio, 1,00 €. Pecharase a porta unha vez iniciada a proxección.