Programación do Codex Cinema: venres 04 ao xoves 10 de xaneiro

VIAJE A NARA

Xapón / 2018 / 109’
Dirección e guión Naomi Kawase – Produción Naomi Kawase e Marianne Slot
Montaxe Yoichi Shibuya –  Fotografía Arata Dodo –  Música Makoto Ozone
Produtoras Unité de Production, Les Films du Nouveau Monde, Artemis Production, Ali n’Productions
Elenco Juliette Binoche, Masatoshi Nagase, Takanori Iwata, Mari Natsuki, Mirai Moriyama, Min
Tanaka
Distribuidora Bteam Pictures

Na rexión xaponesa de Nara, unha escritora francesa coñece un misterioso home que vive nas montañas. A pesar da barreira da linguaxe e a cultura, ambos sentirán a necesidade de achegarse un ao outro.

RAZZIA

Marrocos / 2018 / 119’
Director Nabil Ayouch – Guión Nabil Ayouch e Maryam Touzani –  Produción Bruno Nahon
Produción executiva Frantz Richard
Montaxe Sophie Reine –  Fotografía Virginie Surdej
Son Zacharie Naciri – Produtoras Unité de Production, Les Films du Nouveau Monde, Artemis
Production, Ali n’Productions
Elenco: Maryam Touzani, Arie Worthalter, Abdelilah Rachid, Dounia Binebine, Amine Ennaji,
Abdallah Dinane, Mohamed Zarrouk
Distribuidora Pirámide Films

Cinco historias da Casablanca actual. Hakim, mozo homosexual que vive na Medina tradicional e pobre, soña con ser estrela de rock e gañar o respeto do seu pai. Salima vive entre o desafío e
a resignación, casada cun home que baixo unha aparente modernidade, quérea sumisa. Joe, dono dun restaurante xudeu, elixe vivir en Casablanca negando a realidade e soportando un antisemitismo rampante. Inès, nova e rica, encerrada nunha torre de marfil,
movéndose entre a tradición e a modernidade en pleno espertar sexual.

EL SILENCIO DE LOS OTROS

España / 2018 /95’
Produción e dirección Almudena Carracedo, Robert Bahar
Produción executiva Pedro Almodóvar, Agustín Almodóvar, Esther García, Justine Nagan, Chris White, Sally Jo Fifer, Sandie Viquez Pedlow, Steven Silver, Neil Tabatznik, Robin Smith
Fotografía Almudena Carracedo
Montaxe Kim Roberts, Ricardo Acosta
Música Leonardo Heiblum, Jacobo Lieberman
Son Steve Miller, Robert Bahar
Produtoras Semilla Verde Productions, Lucernam Films, American Documentary, POV, Independent Television Service (ITVS), Latino Public Broadcasting (CPB), El Deseo
Distribuidora Bteam Pictures

El silencio de los otros revela a loita silenciada das vítimas do réxime franquista, que continúan a buscar xustiza nos nosos días. Filmada ao longo de seis anos, cun estilo de cinema directo e intimista, o filme acompaña as vítimas e aos sobreviventes do réxime a medida que organizan a denominada «Querela arxentina» e confrontan un «pacto do esquecemento» sobre os crimes que padeceron.

ELIS. LA VOZ DE BRASIL

Brasil / 2018 / 114’
Idioma Portugués (lendas en castelán)
Director Hugo Prata
Produtor Fabio Zavala
Guión Hugo Prata, Vera Egito, Luiz Bolognesi
Música Otavio de Moraes
Fotografía Adrián Teijido
Montaxe Tiago Feliciano
Arte Frederico Pinto
Produtoras Academia de Filmes, Globo Filmes
Elenco Andréia Horta, Gustavo Machado, Caco Ciocler, Zécarlos Machado, Lúcio Mauro, Filho Julio Andrade, Alex Teix
Distribuidora ConUnPack

A vida de Elis Regina, unha das mellores cantantes brasileiras de todos os tempos, contada desde os seus comezos ata o fin da súa curta mais intensa vida. Unha carreira na busca de cambios, reinvencións e loitas contra os seus propios temores e demos en plena ditadura militar brasileira.

COLD WAR

Mellor película, mellor director, mellor guión, mellor montaxe e mellor actriz nos PREMIOS da Academía do Cine Europeo. Candidata a Mellor película estranxeira nos Óscar 2019

Coa Guerra Fría como cortina de fondo, Zimna wojna (Cold War) conta a historia de amor entre Zula e Wiktor, dúas persoas de diferente procedencia e temperamento que son completamente incompatibles, mais o seu destino lles condena a estar xuntos.

Título orixinal Zimna wojna – Polonia-Francia / 2018 / 86’
Dirección Pawel Pawlikowski – Guión Pawel Pawlikowski e Janusz Glowacki – Fotografía Lukasz Żal –  Montaxe Jarosław Kamiński –  Son Maciej Pawłowski e Mirosław Makowski
Vestiario Aleksandra Staszko
Elenco Joanna Kulig, Tomasz Kot, Borys Szyc, Agata Kulesza, Cédric Kahn, Jeanne Balibar

 

UN ASUNTO DE FAMILIA

Palma de Ouro do Festival de Cannes 2018. Candidata a Mellor película estranxeira nos Óscar 2019

Trátase dun filme no que o autor nipón Hirokazu Kore-Eda  etoma as constantes estilísticas e temáticas das súas últimas obras. Se ben comezou a súa carreira hai dúas décadas con filmes máis conxunturais e xeracionais, nos últimos anos tendeu cara un estilo máis próximo ao cinema clásico xaponés: as rupturas familiares, a permanencia das tradicións e a dificultade de núcleos pechados para aceptar os cambios que se producen na sociedade. A medio camiño entre a materialidade incuestionable de Yasujiro Ozu e a transgresión formal e política de Nagisa Oshima, Kore-Eda atopa o seu lugar propio na historia do cinema xaponés.

Sinopsis:

Despois dun dos seus habituais furtos, Osamu e o seu fillo encontran a unha nena na rúa, morta de frío. Ao principio, a muller de Osamu non quere que quede canda eles, pero acaba apiadándose dela. Pese a sobrevivir con dificultade grazas aos pequenos roubos, a familia é feliz, ata que un incidente imprevisto revela un segredo que pon a proba os lazos que os unen.

Título orixinal: Manbiki kazoku
Xapón / 2018 / 121’
Dirección e guión Hirokazu Kore-Eda
Produción Kaoru Matsuzaki, Akihiko Yose, Hijiri Taguchi
Dirección artística Keiko Mitsumatsu
Montaxe Hirokazu Kore-Eda
Fotografía Ryuto Kondo
Son Kazuhiko Tomita
Música orixinal Haruomi Hosono
Produtoras AOI Promotion, Fuji Television Network, GAGA
Elenco Lily Franky, Sakura Ando, Mayu Matsuoka, Kirin Kiki, Kairi Jyo, Miyu Sasaki
Distribuidora Golem

ENTRE DOS AGUAS

Gañadora da Concha de Ouro en Donostia 2018

Isaki Lacuesta regresa a un mundo que coñece ben, a San Fernando, Cádiz, onde doce anos atrás rodara La leyenda del tiempo. Se aquel filme tomaba o nome do famoso álbum de Camarón de la Isla, Entre dos aguas remite a Paco de Lucía. Cun estilo máis suntuoso e vivo que a obra previa, Lacuesta segue a xirar arredor dos temas principais da súa filmografía: a busca da identidade, os conflitos entre as tradicións de antigo e as novas xeracións, a multiplicidade como forma de facer fronte ao presente… Un cinema mestizo, onde as tradicións culturais se sobrepoñen de forma sorprendente para seguir contando a historia de Isra e Cheíto, os protagonistas do anterior filme

Sinopsis:

Isra e Cheíto son irmáns: Isra está no cárcere por narcotráfico e Cheíto na Mariña. Cando Isra sae da cadea e Cheíto termina unha longa misión en Somalia e as Seychelles, ambos regresan á illa de San Fernando. O encontro entre os irmáns renovará o recordo da morte violenta do seu pai cando eran nenos.

España / 2018 / 137’
Director e produtor Isaki Lacuesta
Guión Isaki Lacuesta, Isa Campo, Fran Araújo
Director de fotografía Diego Dussuel
Director de produción Aitor Martos
Son directo Amanda Villavieja
Deseño de son Alejandro Castillo
Montaxe Sergi Dies
Música Raúl Refree, Kiko Veneno
Elenco Israel Gómez Romero, Cheíto Gómez Romero, Rocío Rendon, Daniela, Erika y Manuela Gómez, Lorrein Galea, Yolanda Carmona
Produtoras La Termita Films, Bteam Prods
Distribuidora Bteam Pictures

TROTE

Carme vive nunha aldea nas montañas xunto a seu pai, Ramón, co que apenas se comunica. Traballa nunha panadería e necesita escapar dese ambiente opresivo, mais as circunstancias sempre llo impediron. Trotar. Fuxir. O filme transcorre durante unha fin de semana na que ten lugar a rapa das bestas, unha loita ancestral entre o home e o cabalo. E mentres a aldea se prepara para a festa, chega Luis, o irmán maior de Carme, para pasar uns días na casa familiar xunto a súa parella, María.

España-Lituania / 2018 / 83’
Director Xacio Baño
Guión Xacio Baño, Diego Ameixeiras
Fotografía Lucía C. Pan
Montaxe Álvaro Gago
Son Miguel Seixo
Elenco María Vázquez, Celso Bugallo, Diego Anido, Tamara Canosa
Produción Luisa Romeo, Marija Razgute
Produtora Frida Films, Ciobreliai
Distribuidora Atera Films