Venres 18 de maio de 2018: estrea comercial de Dhogs en Lugo

Maio 2018 O escribimos así “Venres 18 de maio de 2018” como data histórica que é a súa estrea nos cines Abella de Lugo, dentro de esta HISTORIA que está a escribir este filme galego e en galego, DHOGS, que non para de darnos alegrías. 

Alegrías máis grandes, xigantes, seguro aos seus creadores, intérpretes e toda aquela persoa que traballaou (ou traballa) nel, pero a nos tamén…sentímonos felices e “presumimos” de Dhogs sempre que podemos. 

Unha peli chea de talento lucense, de Meira por exemplo son o director Andrés Goteira e o productor Suso López, de Lugo a actriz Melania Cruz… unha peli chea de premios:  bateu rércord cos seus 13 galardóns nos Premios Mestre Mateo.

O filme Dhogs conecta seis tramas que alternan a intriga, a obsesión e a sensualidade. Trátase dunha película de historias paralelas que xiran en torno a unha serie de peculiares personaxes: unha fermosa muller, un home de vida escura, un taxista e un vello ex-militar. O filme está producido por Gaitafilmes e Pixel films

Fai pouco vimos unha proxección especial promovida por Lugo Cultural e xa vedes as fotos: cheo. Agardamos que así estén os cines Abella na estrea este 18 de maio e os días seguintes.