Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

ArduinoDay en Lugo

6 de abril

ARDUINO-DAY-2019-Lugo

ArduinoDay, este sábado, 6 de abril, no CEI-Nodus de 10:30 á 13:30 e de 16:30 á 19:30 horas

Aberto a todo o público

Esta xuntanza, que se celebra por sexto ano consecutivo, expón diversas iniciativas relacionadas co arduino, unha plataforma de hardware libre para a creación de proxectos interactivos ademais de competicións de robots e talleres educativos para as persoas interesadas en profundizar máis no mundo da tecnoloxía.

Contará coa presenza e as iniciativas de makers que ofrecerán aos visitantes unha gran variedade de proxectos para que poidan coñecer en profundidade.

Tamén haberáun reto de impresión 3D, charlas (unha sobre Odoo+Arduino, outra sobre Cyclps-Project e outra de Iniciación á impresión 3D), competicións de robótica e talleres, sobre modelado en 3D, cohetes e escornabots, entre outros.

Ademais as persoas interesadas en mostrar o seu traballo, ideas ou aparatos baseados no arduino, e participar poden apuntarse no seguinte enlace www.makerslugo.org

A plataforma Arduino

Arduino é unha plataforma de hardware libre, baseada nunha placa cun microcontrolador e un entorno de desenvolvemento, deseñada para facer fácil e barato, a principiantes e non especialistas, a creación de proxectos interactivos que integren sensores e actuadores electrónicos.

O arduino naceu no ano 2003, no Instituto de Deseño Interactivo na cidade italiana de Ivrea, como ferramenta para estudantes principalmente artísticos. Na última década, estendeu o seu obxectivo orixinal, converténdose nun dinamizador da industria global da electrónica e do movemento maker (baseado na colaboración e libre acceso á tecnoloxía).

Detalles

Fecha:
6 de abril
Evento Categoría: