Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Coloquio: obstáculos para as mulleres vítimas de violencia sexual en España

28 de febrero - 20:00

Coloquio: un sistema que desprotexe ás vítimas de violencia sexual
Amnistía Internacional presenta en Lugo as conclusións do seu informe sobre os obstáculos aos que se enfrontan as mulleres vítimas de violencia sexual en España.
A investigación desenvolveuse en catro comunidades autónomas, entre elas Galicia.

O vindeiro día 28 de febreiro ás 20:00 h no Vello Cárcere de Lugo terá lugar un encontro e coloquio con Bárbara Tardón Recio, experta en violencia de xénero e dereitos humanos e investigadora do informe de Amnistía Internacional «Xa é hora de que me creas! un sistema que desprotexe ás vítimas da violencia sexual»

Ao longo de 2018, Amnistía Internacional realizou a investigación recollendo testemuños de mulleres, institucións e organizacións en Galicia,Andalucía, Cataluña e Comunidade de Madrid, que  permitiu detectar os obstáculos cos que se enfrontan as mulleres vítimas e propoñer medidas urxentes para abordar un problema que afecta a demasiadas mulleres.

As mulleres que se atreven a denunciar a violencia sexual, enfróntanse ademais da propia agresión, a un duro e longo camiño marcado pola violencia institucional en todas as etapas. Un percorrido ateigado de pedras cando acoden á comisaria, ao hospital ou en un xuízo. En moitas ocasións, as vítimas son maltratadas por quen debería garantir a súa recuperación e o acceso á xustiza.

Bárbara Tardón Recio

Doutora en Estudos Interdisciplinares de Xénero (UAM). Experta en violencia de xénero e dereitos humanos.

Nos últimos 15 anos traballou para organizacións nacionais e internacionais como responsable de área, coordinadora de proxectos e consultora nas áreas de violencia de xénero, prostitución e incidencia política.

Actualmente é consultora para organizacións como Amnistía Internacional, Médicos do
Mundo, o Consello de Europa e institucións públicas como a Dirección Xeral de Prevención e Atención fronte á Violencia de Xénero do Concello de Madrid, o Instituto Canario da Muller ou Emakunde, entre outras.

Igualmente é investigadora no Instituto de Estudos da Muller da Universidade Autónoma de
Madrid no proxecto dirixido pola Dra. Cristina Sánchez Muñoz sobre “Violencias Políticas e de Xénero: Imaxinarios, Escenarios e Estratexias” ( FEM2016-761001- R).

Compaxinou os seus traballos como coordinadora e consultora coas súas investigacións en contexto da violencia de xénero e sexual cara ás mulleres, realizando estancias de investigación na University of Sussex e na Freie Universität de Berlín, esta última no marco da investigación da súa tese doutoral sobre a violencia sexual (“Violencia sexual: desenvolvementos
feministas, mitos e respostas globais”).

Entre as súas consultorías e investigacións, destacan as máis recentes realizadas para a Sección Española de Amnistía Internacional coa investigación e elaboración do informe “Xa é hora de que me creas. Un sistema que desprotexe ás vítimas de violencia sexual”, para o Concello de Madrid (“Estudo sobre recursos de prevención da violencia sexual e atención ás súas vítimas na contorna europea e internacional”) ou para a Comunidade Autónoma Canaria (“Diagnóstico, elaboración e actualización do Protocolo Interinstitucional de atención a vítimas de violencia de xénero da Comunidade Autónoma de Gran Canaria”).

Participa como formadora e docente experta en violencia de xénero en distintos cursos, posgraos ou máster oficiais tanto nacionais como internacionais para a Universidade Autónoma de Madrid, a Universidade CarlosIII, a Universitat de Barcelona, Tuft ́ s University ou o Consello de Europa, etc.

Antes do comezo do acto terá lugar unha breveintervención teatral da Compañía de Teatro da USC-Lugo e Palimoquiños, denominada Violación, coa dirección de Paloma Lugilde

Detalles

Fecha:
28 de febrero
Hora:
20:00
Evento Categoría:

Lugar

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 29 71 95