Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto de piano de Andrea Vilar

22 de abril - 20:00

"Músicas ao carón da Mosqueira" de Lugo Cultural

Andrea Vilar (Rábade) ofrecerá este luns 22 de abril un concerto na Casa do Saber de Lugo no marco do ciclo Na Calzada, incluído na programación de música de cámara organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Lugo.

A actuación de Andrea Vilar, de entrada libre e de balde ata completar o aforo, comezará ás 20.00 horas e desenvolverase baixo o título ‘O xénero improvisado, de Couperin a Crumb’.

O repertorio que ofrecerá Andrea Vilar na Casa do Saber de Lugo inclúe composicións de Louis Couperin, Johann Sebastian Bach, Franz Schubert, Frèderic Chopin, Isaac Albéniz, Enric Granados, Béla Bartók, Aram Jachaturián, Sergei Rachmaninov, George Crumb, Frederic Mompou, e Arieh Chrem.

Andrea Vilar gañou no 2016 o Premio á Excelencia Musical Mans Futuro 2016 promovidos por Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza

Detalles

Fecha:
22 de abril
Hora:
20:00
Evento Categoría:

Lugar

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001