Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

ENCONTRO “A XESTIÓN CULTURAL A DEBATE”

30 de enero - 1 de febrero

ENCONTRO “A XESTIÓN CULTURAL A DEBATE”
BLOQUE 1: ESPAZO PROFESIONAL E GRAO UNIVERSITARIO (14 HORAS)
BLOQUE 2: DESEÑO E ORGANIZACIÓN DE EVENTOS (11 HORAS)

Datas: 30, 31 de Xaneiro e 01 de Febreiro de 2019

Lugar de celebración: Facultade de Humanidades do Campus Terra

Período de Inscrición: do 3 de Decembro de 2018 ao 22 de Xaneiro de 2019

Coordinadores: Mª do Carme Silva Domínguez e Gonzalo Fco. Fernández Suárez

Organiza: Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo e Facultade de Humanidades

Colabora: Deputación de Lugo, Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Facultade de Humanidades do Campus Terra, Facultade de Filosofía e Letras da Universidad de Córdoba, Facultade de Humanidades da Universidad de Huelva, Facultade de Letras da Universitat de Girona.

Finalidade do encontro:

Nos dous últimos cursos académicos, a Facultade de Humanidades de Lugo protagonizou unha serie de iniciativas destinadas a definir en maior medida o seu espazo profesional e formativo. Neste contexto desenvolvéronse en 2017 as xornadas “A xestión cultural como espazo profesional”, durante as cales diversos actores deste sector compartiron connosco variados aspectos ligados ao emerxente perfil laboral do xestor cultural, tanto dentro de espazos públicos como na iniciativa privada. Froito dos contactos que a Facultade estableceu con outros centros de ensino que imparten titulacións de grao de xestión e comunicación cultural xorde agora este encontro “A xestión cultural a debate”, no que compartiremos con compañeiros das Universidades de Córdoba, Huelva e Girona, diversos aspectos relacionados cos nosos títulos: as súas relacións cos ámbitos humanísticos clásicos, as novas necesidades formativas dos seus docentes, os seus espazos propios de investigación, as características específicas dos seus Traballos fin de Grao, os procesos de fomento da empregabilidade dos nosos egresados, etc. As xornadas son tamén de gran interese para o noso alumnado, que as poderá complementar cun monográfico en deseño e organización de eventos a celebrar a continuación. Por último e dado o carácter emerxente do espazo profesional dos xestores culturais, todas aquelas persoas interesadas neste ámbito certamente atoparán sesións nas que se desenvolvan temas do seu interese.

Destinatarios: Alumnado matriculado na USC, PDI e PAS da USC, profesionais do eido da cultura e público en xeral.

Accións Formativas nas que poden inscribirse dependendo do colectivo ao que pertenza:

Alumnado matriculado na USC: Terá que inscribirse na totalidade do Encontro “A Xestión Cultural a Debate”, que terá unha duración de 25 horas (1 ECTS).
PDI (USC), PAS (USC), Profesionais do eido da Cultura e público en xeral: Poderá inscribirse por separado nos bloques que sexan do seu interese:
– Bloque 1: Espazo Profesional e Grao Universitario (30 e 31 de Xaneiro 2019 – 14 horas)

– Bloque 2: Deseño e Organización de Eventos (31 de Xaneiro e 01 de Febreiro de 2019 – 11 horas)

Inscrición:

Alumnado matriculado na USC: inscribirase na totalidade do encontro (25 horas) enviando cuberto o formulario de inscrición ao mail margarita.vilela@usc.es
PDI e PAS da USC, profesionais do eido da cultura e público en xeral: poderán inscribirse por separado nos bloques que sexan do seu interese; para iso deben enviar cuberto o formulario de inscrición ao mail margarita.vilela@usc.es
ACTIVIDADE RECOÑECIDA CON 1 CRÉDITO ECTS PARA O ALUMNADO DA USC, POLO PROGRAMA DE FORMACIÓN E INNOVACIÓN DOCENTE (PFID) PARA O PDI DAS TITULACIÓNS DA RAMA DE ARTES E HUMANIDADES. AO RESTO DE PARTICIPANTES ENTREGARÁSELLES UN CERTIFICADO DE ASISTENCIA.

Contacto: margarita.vilela@usc.es Tlfno.: 982821517

Detalles

Comienza:
30 de enero
Finaliza:
1 de febrero
Evento Categoría: