Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Entroido en Lugo: programa de actividades

1 de marzo - 6 de marzo

entroido Lugo 2019
entroido Lugo 2019
entroido Lugo 2019

pregón marcará o inicio destes festexos, o venres día 1, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos do Concello, a cargo do xornalista e escritor Xosé de Cora Paradela, que titula o seu pregón Disfrazado de bando.Posteriormente actuarán as charangas Clave de Sol e Va K Pinta polo Campo Castelo, San Pedro, Mártires de Carral, rúa do Progreso, San Marcos, rúa Nova, Praza do Campo, Rinconada do Miño e o resto do recinto histório.

Tamén terá lugar a representación teatral “Thriller”, no fondo da Praza Maior, a cargo dos Palimoquiños & cía e Down Lugo.

sábado 2 será a quenda das charangas Son de Lugh, Era Visto, Viño Branco, Aturuxo e Troula Psy-codelia; o domingo 3, de Tambukada, a charanga da Casa da Música e Garrafón.com. Pola súa banda, o luns 4, o ritmo poñerano as actuacións de Os Virtusoso do Tinto, Ars Nova, Perkusiona, Terra Chá e Louband, e o humor os grupos de teatro de Lugo Achádego e Nostrum Cai.

O propio día do Entroido actuará o grupo de música tradicional Raíces do Campo e a charanga Caliqueños.

DESFILES

O tradicional desfile infantil terá lugar o sábado 2 de marzo e o de adultos celebrarase o martes 5 de marzo. Ambos os dous comezarán a partir das 17:00 horas. As e os participantes concentraranse na Praza da Soidade media hora antes do desfile, que terá o seguinte percorrido: rúa Antón Fraguas Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, rúa da Raíña e Praza Maior.

As inscricións deberán realizase no departamento de Cultura, na Praza Maior, antes das 14:30 horas do venres, 1 de marzo, para o certame infantil, e do luns, 4 de marzo, para o de adultos.

O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio e vinculadas coa tradición do Entroido na nosa cidade.

Os premios son os seguintes

O programa de actividades finalizará o 6 de marzo, mércores de cinza, co tradicional enterro da Sardiña, ás 20:00 horas. Para rematar o Entroido celebrarase o xa clásico concurso de ferretes, que conta coa colaboración do Concello, e cunha dotación de 500 euros en premios.

Detalles

Comienza:
1 de marzo
Finaliza:
6 de marzo
Evento Categoría: