Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Festival de Teatro Universitario

26 de marzo - 1 de abril

Festival teatro universitario

Todas as actuacións do Festival de teatro Universitario terán lugar no Auditorio Gustavo Freire.

A entrada é libre salvo para a actuación da Casa de ilusións. As entradas recóllense na oficina de cultura da vicerreitoría de coordinación o día 22 de marzo de 10:00 horas a 14:00 horas (máximo 2 por persoa).

– O martes 26 de marzo ás 20:30 horas terá lugar a actuación da Aula de Teatro da USC de Santiago de Compostela coa obra A muller que tiña medo e marchou a vivir ao Carrefour de Roberto Salgueiro.

– O venres 29 de marzo ás 20:30 horas terá lugar a actuación do Teatro el Mayal da Universidade de León coa obra Aquí en la tierra a cargo de Javier R. de la Varga.

– O sábado 30 de marzo ás 20:30 horas, o domingo 31 de marzo ás 18: 00 horas e ás 20:30 horas e o luns 1 de abril ás 10:30 terá lugar a actuación da compañía de teatro da USC de Lugo coa obra Casa de ilusións dirixida por Paloma Lugilde.

– O luns 1 de abril ás 20:30 horas terá lugar a actuación da Compañía Maricastaña da Aula de Teatro de Ourense coa obra Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse dirixido por Fernando Dacosta.

Actividades complementarias ao festival

– O mércores 27 de marzo ás 18:00 horas e as 20:30 horas no auditorio Gustavo Freire terá lugar un encontro coa compañía de teatro da USC de Lugo. Ás 21:00 horas no fondo da Praza Maior terá lugar unha intervención na rúa dos teatreiros e teatreiras de Lugo e a lectura do Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro creado por Carlos Santiago.

– O xoves 28 de marzo ás 12:30 no Auditorio Gustavo Freire terá lugar o ensaio xeral e coloquio da Casa de ilusións (aforo limitado).

Detalles

Comienza:
26 de marzo
Finaliza:
1 de abril
Evento Categoría: