Cargando Eventos

« Todos los Eventos

“I Xornadas Ornitolóxicas” en Sober

23 de marzo - 24 de marzo

“I Xornadas Ornitolóxicas” en Sober

O GDR Ribeira Sacra-Courel organiza dentro dos proxectos de animación e promoción do territorio levados a cabo por esta entidade as “I Xornadas Ornitolóxicas”, que se celebrarán os vindeiros 23 e 24 de Marzo en Sober.

O grupo pretende coa organización das devanditas xornadas iniciar a difusión e promoción da ornitoloxía, e a observación de aves na Ribeira Sacra así como divulgar a biodiversidad do cañón do Sil, como un recurso máis a utilizar para o fomento do turismo de interior. As xornadas incluirán diversas actividades como conferencias, rutas guiadas ou talleres prácticos.

Para participar será necesaria previa inscrición, indicando nome completo, DNI, teléfono contacto e lugar de procedencia a través do seguinte correo electrónico: info@ribeirasacracourel.es

Importante.: As actividades do sábado a tarde e as do domingo teñen aforo limitado a 40 persoas, polo que se terá en conta a orde de inscrición para poder asistir.

Detalles

Comienza:
23 de marzo
Finaliza:
24 de marzo
Evento Categoría: