Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Inauguración da exposición Ha(v)-belas en O Vello Cárcere

1 de marzo - 19:00

Inauguración da exposición Ha(v)-belas.

Inauguración da exposición Ha(v)-belas -pintura, fotografía e gravado- da man de sete mulleres artistas lucenses: Anusca, Alba Díaz, Bego Pérez, Camino Casabella, Isabel Somoza, María Mata e Susana Vilanova.

Cartaz da exposición obra da artista lucense -ilustradora e deseñadora- Sabela Díaz.

Patrocina a Concellería de Cultura, Turismo e Xuventude do Concello de Lugo.

Coordinadoras: Anusca e Alba Díaz

Ha(v)-belas xorde coa idea de visibilizar publicamente durante o mes de marzo -e coa aspiración de se converter nun ciclo estable dentro da oferta cultural da nosa cidade- a actividade artística das mulleres lucenses, atendendo a un marco multidisciplinar.

Cómpre facer aflorar as miradas de moitas mulleres da cidade que, coma nós, plasmamos con frecuencia a nosa propia visión da realidade e do mundo a través de distintas manifestacións artísticas. A socialización do feito artístico é un elemento que pode contribuír ao afianzamento das potencialidades individuais, reafirmando as propias capacidades e estimulando as das demais, favorecendo o empoderamento colectivo.

Ha(v)-belas quere contribuír tamén á ocupación real e simbólica, necesaria e desexábel, por parte das mulleres, do espazo cultural en termos de igualdade, no camiño de contribuír á súa democratización e á toma de conciencia por parte da cidadanía, que pasa necesariamente por accións encamiñadas, tamén no eido cultural, a favorecer a consecución da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

O último día, o 31 de marzo domingo, ás 13:00 horas, para a súa clausura haberá un concerto, a cargo de Ruth León.

Detalles

Fecha:
1 de marzo
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 29 71 95