Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

LUG HACK WEEK-END en Lugo: reinventa a túa vila

16 de febrero - 17 de febrero

Lug-Hack Week-End en Lugo

Promovido por: ATLANTIC YOUTH CREATIVE HUBS

Lugar:  LUG2– RÚA PINTOR CORREDOIRA, 4

TÉS UNHA IDEA?

O obxectivo do proxecto AYCH ( AtlanticYouthCreativeHubs) é contribuír aos desafíos sociais a través do emprendemento xuvenil; por esa razón, convócanse eventos como LUG HACK WEEK- END, onde nacen ideas para deseñar proxectos sociais sobre a coexistencia futura. Vida e Cidade son as accións fundamentais nas que se basea este evento que o convida a pensar, crear e compartir.

PROGRAMA

Sábado 16 de febreiro de 2019

9:00 – Recepción no Salón de Actos do Lug2. Entrega de credenciais. Presentación. Inauguración.

10:00 – Workshops (poderás elixir dous).

11:30 – Café.

12:00 – Cambio de workshop.

13:30 – Comida- Buffet.

15:00 – Presentación rápida das ideas e proxectos.

15:30 – Constitución dos equipos – Inicio dos proxectos (prototipos).

18:00 – Café.

18:30 – Continuación dos proxectos.

20:30 – Cea- Buffet.

21:30 – Actuación (confirmar)

Domingo 17 de febreiro de 2019

10:00 – Inicio do día – Breve presentación dos proxectos por equipos.

10:30 – Continuación dos proxectos.

13:00 – Actuación (confirmar).

13:45 – Comida- Buffet.

15:00 – Presentación pública dos proxectos e resolucións do xurado.

17:30 – Cerimonia de Clausura da LUGHACKWEEK- END.

Contactos: benvida@lugopenfactory ou no teléfono 982 023 078 ( L-V polas mañás).

Preguntas frecuentes:

Existen requisitos de idade mínima para entrar no evento?. O evento está programado para mozos de entre 16 e 30 anos, pero se tes máis podes vir igual.

Que opcións de transporte/aparcadoiro teño parta ir e volver do evento?. Se vés de fóra, escríbenos un mail, seguramente che poñeremos en contacto con alguén que veña da túa cidade. No centro temos espazo para aparcar.

Que podo levar ao evento?. Aconsellámosche traer o teu computador portátil.

Ofrecédesme aloxamento?. Si, ofrecémosche aloxamento e manutención, e non che custará nada.

Reserva de entradas e info – eventbrite-

Detalles

Comienza:
16 de febrero
Finaliza:
17 de febrero
Evento Categoría: