Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Películas no Codex Cinema de Lugo – Febreiro 2019

8 de febrero - 14 de febrero

cartelera-codex-cinema-febrero-lugo

A programación do Codex Cinema do venres 08 ao xoves 14 de febreiro trae catro estreas (Burning, La clase de piano, Sofía e Trinta lumes) ademáis da presentación desta última pola súa directora o venres día 8 de febreiro nos pases das 20:00 e das 22:15

Info de tódalas películas:

BURNING

Corea del Sur – 2018 – 148 min
Dirección: Lee Chang-dong

Adaptación dunha historia de Murakami

Premios: Premio FIPRESCI 2018 en Cannes, Mellor filme extranxero e actor secundario para a Asociación de críticos de Los Angeles 2018…

LA CLASE DE PIANO

2018- Francia – 106 min
Dirección: Ludovic Bernard
Reparto: Jules Benchetrit, Lambert Wilson, Kristin Scott Thomas, Karidja Touré, André Marcon, Michel Jonasz, Elsa Lepoivre, Vanessa David, Samen Télesphore Teunou, Xavier Guelfi

SOFÍA

2018 – Marrocos – 79 min.
Dirección e guión: Meryem Benm’Barek

Un filme que fala de forma combativa e sen complexos sobre unha moza que resiste ante unha sociedade fanática e represiva que lle quere impor como ten que vivir o amor, a maternidade.

Premios
2018: Festival de Cannes: Un Certain Regard – Mellor guión

 

TRINTA LUMES

2017 – España – 80 min – DocumentalTrinta Lumes
Dirección: Diana Toucedo

Alba ten doce anos e desexa descubrir o descoñecido, o misterioso e o fascinante da morte. Co seu mellor amigo Samuel entran en casas abandonadas, percorren aldeas destruídas e adéntranse no interior dunhas montañas que esconden outro mundo paralelo.
Una viaxe que parte da inocencia para descubrir o misterio da loita entre a vida e a morte.

Rodada na Serra do Courel. Contaremos coa presenza da cineasta e da equipa do filme, que por vontade deles mesmos quixeron estar cos espectadores lucenses o mesmo día da estrea oficial en toda España. Será o venres día 8 de febreiro que os responsables do filme estarán connosco, nos pases das 20:00 e das 22:15, para introducir o filme e intercambiar opinións cos espectadores.

Awards
Talents premio de la crítica – D’A Barcelona
Mejor largometraje del jurado – Primavera do cine de Vigo
Mejor largometraje Días de Cine – Filmadrid
Mejor fotografía – Festival Cinespaña de Toulouse, Francia
Iberoamerican Fénix Awards – Best cinematoprapher nominee
Mención especial del jurado – Festival Rizoma
Premio del jurado joven – Festival REC Tarragona
Premio del público – Novos Cinemas Festival Internacional de Pontevedra
Premios Gaudí – Nominada a la mejor película documental
Premios Feroz – Nominada a la mejor película documental

 

MUG

Polonia / 2018 / 91’ – Título orixinal: Twarz – Dirección Małgorzata Szumowska – Guión Małgorzata Szumowska, Michał Englert

Sinopsis
Jacek ama a súa moza, ao seu can e ao heavy metal. A súa familia, a súa cidade natal e os seus compañeiros pensan que é un friki divertido e traballa na construción da que, se supón, será a estatua máis alta de Xesús no planeta. Mais un día, cando un accidente severo desfigura o seu rostro, a súa vida cambiará. Todas as miradas volveranse cara el mentres se somete ao primeiro transplante facial de emerxencia do mundo.

 

OTZI

Alemaña / 2017 / 96’ Dirección e guión Felix Randau
Elenco Jürgen Vogel, André M. Hennicke, Sabin Tambrea, Susanne Wuest, Martin Augustin
Scheider, Violetta Schurawlow, Anna F., Axel Stein, Paula Renzler, Franco Nero

Sinopse

Os Alpes de Ötzal hai máis de 5300 anos. Preto dun regato aséntase un poboado neolítico. O seu líder, Kelab, é responsable do santo sagrario, Tineka. Mentres Kelab caza, o asentamento é atacado e os membros da tribo son brutalmente asasinados, a muller e o fillo de Kelab entre eles. Só un bebé sobrevive e Tineka desapareceu. Cegado pola dor e a furia, Kelab só pensa na vinganza.

THE GUILTY

Dinamarca / 2018 / 85’
Dirección Gustav Möller Guión Gustav Möller, Emil Nygaard Albertsen

Sinopse

Asger Holm é un oficial de policía suspendido de funcións e relegado a operador do servizo de
emerxencias. Durante unha quenda nocturna recibe a chamada dunha muller aterrada. Asger descobre que a muller foi secuestrada e así comeza a busca. Recluído na súa mesa da central de emerxencias, Asger terá que localizar e axudar a muller en perigo coa axuda dos seus compañeiros de todo o país, nunha conta atrás onde non só terá que facer fronte aos acontecementos deste crime, senón tamén aos seus demos persoais.

 

COLD WAR

Mellor película, mellor director, mellor guión, mellor montaxe e mellor actriz nos PREMIOS da Academía do Cine Europeo. Candidata a Mellor película estranxeira nos Óscar 2019

Coa Guerra Fría como cortina de fondo, Zimna wojna (Cold War) conta a historia de amor entre Zula e Wiktor, dúas persoas de diferente procedencia e temperamento que son completamente incompatibles, mais o seu destino lles condena a estar xuntos.

Título orixinal Zimna wojna – Polonia-Francia / 2018 / 86’
Dirección Pawel Pawlikowski – Guión Pawel Pawlikowski e Janusz Glowacki – Fotografía Lukasz Żal –  Montaxe Jarosław Kamiński –  Son Maciej Pawłowski e Mirosław Makowski
Vestiario Aleksandra Staszko
Elenco Joanna Kulig, Tomasz Kot, Borys Szyc, Agata Kulesza, Cédric Kahn, Jeanne Balibar

 

Detalles

Comienza:
8 de febrero
Finaliza:
14 de febrero
Evento Categoría:

Lugar

Codex Cinema
Plaza Viana do Castelo nº4
Lugo, Lugo 27003
Pagina Web:
https://codexcinema.com/