Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro: As bolboretas do Mekong

7 de marzo - 19:00

bolboretas-mekong

Este xóves día 7 de marzo, á partir das sete da tarde, Cesareo Sanchez Iglesias presenta o seu libro As bolboretas do Mekong que foi editado por XERAIS. O autor estará acompañado por Marica Campo.

No seu delta, o Mekong é chamado Río dos nove dragóns, porque abre en grandes brazos e milleiros de canles coma veas dun corpo fluvial. Evoca xungla, mantras budistas e fedor xelatinoso e pegañento do mortal napalm.C

oas imaxes televisadas dos bombardeos dos B-52 na memoria da adolescencia, e levando no fardel a dor colectiva da Illa de San Simón, o Portiño, Aranga… ou Sabra e Shatila, Saraxevo, Auschwitz…, o poeta percorre as terras que o río Mekong irmanda coma un combatente solitario, coma un bo doi, e atopa as cicatrices que cobren o corpo do Vietnam e da Camboxa actuais.

As bolboretas do Mekong pretende ser un libro xusto con estes pobos que venceron a maior maquinaria de guerra nunca coñecida e que hoxe rebordan esperanza. A pesar da morte que os marcou, que abrasou a selva e envelenou a terra, colleitan de novo o sementado polas xeracións precedentes. Porque as chuvias cálidas do monzón seguen asolagando cada ano os eidos das chairas de arroz.

Detalles

Fecha:
7 de marzo
Hora:
19:00
Evento Categoría:

Lugar

Librería Trama
Avenida A Coruña, 21
Lugo, 27003
Pagina Web:
https://www.libreriatrama.com/