Cargando Eventos

« Todos los Eventos

XI Xornada de Literatura de Tradición Oral. O rol da muller na literatura de tradición oral.

27 de octubre

Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo (Rúa San Marcos, 8,27001, Lugo)

Obxectivos

1. Achegar ao profesorado coñecementos para o seu traballo na aula en relación coa cultura popular tradicional.
2. Facilitar un foro de reflexión para comprender e transmitir os valores da nosa cultura.
3. Incidir en prácticas e coñecementos que posibiliten o desenvolvemento de habilidades cognitivas en relación coa cultura popular.
4. A importancia do coñecemento destes temas da cultura transmitida por vía oral na formación do alumnado.
5. Formas e xéneros sobre cuestións de xénero na Literatura de Tradición Oral.

Programa
10.15 Recepción, entrega de material e inauguración

10.30-11.30 Conferencia
A muller habelenciosa dos contos orais: Princesas e labregas
Camiño Noia

11.30-12.30 Conferencia
Muller que sabe latín, non serve para min
Estefanía A. Lodeiro Paz

12.30-14.00 Mesa redonda
A muller imaxinada como paradigma da muller de carne e óso
Camiño Noia e Estefanía A. Lodeiro Paz
Coordina: Antonio Reigosa

16.00-17.00 Conferencia
Meigas: as mulleres sanadoras contra a orde masculina
Anxos Sumai

17.00-18.00 Conferencia
Pendentes de Ouro Negro. Mulleres e Wolframio
Faia Díaz Novo

18.00-19.30 Mesa redonda
Botando as contas da leiteira. Fantasía ou crúa realidade?
Anxos Sumai e Faia Díaz Novo
Coordina: Lois Pérez

19.30-20.30 Sesión práctica
Regueifa 2.0. Educando en igualdade
Alba María e Lupe Blanco

Entrada libre
Importe da matrícula e tipos: Gratuito en todos os casos

Matrícula para o certificado homologado: Desde 25/09/2018 até 25/10/2018 (o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas). Destinatarios-as do certificado homologado: Profesorado do ensino non universitario e futuros/as ensinantes.

Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación (certificado homologado): Prazas reservadas: 25% Número máximo de prazas: 25%

Matrícula para o certificado emitido pola AELG: Desde 25/09/2018 até 25/10/2018 (oficina@aelg.org)

Destinatarios-as do certificado emitido pola AELG: Outras persoas que queiran un certificado de asistencia

Detalles

Fecha:
27 de octubre
Evento Categoría:

Lugar

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
Teléfono:
982 26 00 00
Pagina Web:
deputacionlugo.org