Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xornadas de cultura galega e música tradicional

9 de marzo - 18:30

Xornadas de cultura galega e música tradicional

PROGRAMACIÓN

O TRAXE ALDEÁN DE GARDA.- Porqué o seu nome, dónde, cando e cómo se utilizou esta vestimenta, características comunes e diferencias en relación a outras zonas. Para esta exposición contamos con  TRAXANDAINA.

É un obradoiro artesán con marca Artesanía de Galicia, con ampla e longa traxectoria no estudo, localización e confección de indumentaria tradicional. Traxes de finais do século XIX e principio do XX, con tecidos feitos na casa en teares de baixo lizo, cando aínda abondaban o liño e a la e tamén se atopaban panos sedáns, veludos, agremáns feitos á man e sobre todo picote, candil ou burel. Pezas rescatadas das huchas das fillas e netas daquelas mulleres que gardaban as súas mellores roupas para lucir os días de feira, ir a misa ou dominguear. Todo este traballo foi premiado co selo Europeo do Patrimonio Cultural no ano 2018.

ENTRE ASTURIAS E GALICIA: AS MÚSICAS DE GAITA DO EO-NAVIA.- As concas fluviais dos ríos Eo e Navia definen unha rexión xeográfica dunha enorme riqueza cultural que se reflicte etnomusicalmente nun repertorio musical de gran personalidade.

Concretamente, no tocante á música de gaita estamos a falar repertorio de require dun gran dominio do instrumento, de gran destreza e virtuosismo, como é ben coñecido gracias aos vellos gaiteiros que os integrantes deste conxunto levan investigado na súa laboura de recopiladores do folklore musical e dos que, por suposto , falarán cumpridametne ao longo do concerto co obxetivo de compartir e percorrer co público unha viaxe musical entre Asturias e Galicia.

Contamos para esta charla e concerto :
Os irmáns gaiteiros Miguel e Andrés Rodriguez Monteavaro ( integrantes do grupo Caldo y Os Rabizos)
Daniel Carballo “ Maka”
José Antonio rodriguez “ Josiño” ( do grupo Airiños da Freba)

“O BAILE SOLTO NA FONSAGRADA. DA RECOLLA Á COREOGRAFÍA” Veremos e comentaremos vídeos de recollas da Fonsagrada. Tamén veremos montaxes coreográficas mostrando as diferencias estéticas e de carácter. Bailaremos os puntos máis representativos da Fonsagrada, tanto de muiñeira como de xota. Para esta exposición contamos con Xabier Iglesias

Formado en baile tradicional nas escolas de baile de Cántigas e Frores, Xacarandaina e Cantigas e Agarimos e bailando cos informantes en traballos de campo. Profesor diplomado pola Deputación e o Concello de Lugo. Recibiu clases de danza contemporánea, danza clásica así como bailes de salón e danzas do mundo. Dende o ano 1990 comenza unha labor de investigación de cultura tradicional e a súa divulgación e ensino. Dentro de este proxecto de investigación, divulgación e ensino é socio fundador de diferentes asociacións, que aínda siguen en funcionamento hoxendía, coma a asociación Reviravolta e A Volta do Agro, o grupo de canto tradicional Cantatí, co que grabou un CD en 2007 froito do traballo de campo de recollida de cantos tradicionais.

En 2009 presenta, xunto a outros autores, o traballo “Así fan os bailadores” libro-CD-DVD sobre a didáctica do baile tradicional.

En 2011 monta a compañía “ProxectoDanza”, onde se fusiona baile tradicional. Con esta compañía dirixe o espectáculo “Latexo” (2012)

Actualmente está íntegramente adicado á divulgación e ensino do baile tradicional dirixindo, dende 2014, a súa propia escola de bailes tradicionais, primeiro no EspazoArtístico10, producindo e actuando en espectáculos que axudan a divulgar e promocionar o baile tradicional, e actualmente en Oxeito. Produce o espectáculo de teatro e danza “Moendo Muiñeiras”, xunto a Montse Rivera e Pablo Pintor e o espectáculo basado nas verbenas dos anos 40 e 50 “Verbena Galega D´antes” co grupo Airiños da Freba

EDITORIAL CANELA.- Dirixida e fundada por Pablo Quintana nos acercará ,a través das súas publicacións, Os oficios e romarías etc, da zona da montaña Luguesa. Canela Producións editorial etnográfica é unha empresa editorial, audiovisual e de servizos, centrada no estudo da cultura popular e a súa divulgación.

Consideramos que o patrimonio histórico e cultural é un legado de grande valor que hai que difundir. Por iso, traballamos sobre diferentes aspectos das ciencias sociais (antropoloxía, etnografía, socioloxía, lingüística, etc.) potenciando a investigación, para que as persoas interesadas nestes temas poidan ter nas súas mans documentos fidedignos que lles aporten novos datos de interese no eido da arte e as tradicións populares, publicados en edicións de calidade, coidadas e respetuosas, tanto co autor como co lector.

Ó REMATE DA EXPOSICIÓN, DESPOIS DA CENA, ÁS 23.00H FARASE UN CONCERTO FOLIADA COA MÚSICA E BAILES DA ZONA. CONCERTO A CARGO DOS GAITEIROS EO- NAVIA.

Detalles

Fecha:
9 de marzo
Hora:
18:30
Evento Categoría:

Lugar

La Cosechera
Rua Irmáns Vilar Ponte
Lugo, 27002
Teléfono:
982 24 34 57
Pagina Web:
https://www.facebook.com/La-cosechera-eventos-149155895673831/