06/09 Mostra fotográfica «Home, Sweet Home», de Rubi Lebovitch na sede Afundación


O 6 de setembro chega a Lugo a mostra fotográfica «Home, Sweet Home», de Rubi Lebovitch, incluída no festival de fotografía «Outono fotográfico». Imaxes inquietantes que conectan a soidade e o baleiro co concepto de sinistro, e que mostran o humor desacougante e surrealista de Lebovitch. Visítaa ata o 7 de outubro na Sede Afundación (tour de fotos da expo – flickr-)
«Home, Sweet Home»web oficial– de Rubi Lebovitch, é unha colección de fotografías que ilustra a contorna doméstica mediante imaxes sinxelas caracterizadas polo misterio, a vaguidade e a incongruencia, creando unha atmosfera na que os obxectos toman un novo significado. Igual que nunha pintura surrealista, Lebovitch reinventa unha realidade imposible botando man de obxectos mundanos en espazos domésticos que se viran anómalos e sorprendentes na calma reflexiva dunha fotografía.

Espazos e personaxes levan o espectador ao eido familiar, mais esas estampas familiares convértense aquí en escenas cun novo significado. Os personaxes, que podemos relacionar con membros da nosa propia familia, parecen estar desconcertados nunha contorna pouco favorable, xa que a racionalidade é substituída por unha supravisión esaxerada dos espazos domésticos que sitúa o espectador ao fío do terror familiar definido por Freud, un terror que dificilmente recoñecemos, ao convivir con el a diario, mais que, como vemos nestas fotografías, esperta unha ansiedade que socava a paz e a seguridade que por norma xeral asociamos coa casa.

Rubi Lebovitch (Tel Aviv, 1974), gradououse en Arte e Fotografía na Academia Bezalel. A súa obra foi exposta en numerosas mostras individuais e colectivas en galerías e museos de todo o mundo. «Home, Sweet Home» está presente en varias coleccións de museos e galerías de EUA como o Museum of Fine Arts de Houston, NewSpace Center for Photography en Portland, Rayko Photo Center de San Francisco e o Center for Fine Art Photography de Fort Collins. Ten acadado importantes premios como o Moscow International Photo Award, Center Santa Fe, Japan Art Festival e o Critical Mass top 50 de 2015.

Sede Afundación Lugo -Praza Maior, 16.. Lugo (Lugo)
Datas: Do 6 de setembro ao 7 de outubro de 2017
Horario: Luns a sábados de 18.00 a 21.00 h
Entrada: Gratuíta
NOTA: as fotografías desta nova pertencen á serie que da título á exposición pero está por confirmar si se mostrarán nela.
Fonte: Afundación

El 6 de septiembre llega a Lugo la exposición fotográfica «Home, Sweet Home», de Rubi Lebovitch, incluida en el festival de fotografía «Outono fotográfico». Imágenes inquietantes que conectan la soledad y el vacío con el concepto de siniestro, y que muestran el humor inquietante y surrealista de Lebovitch. Visítala hasta el 7 de octubre en la Sede Afundación.

«Home, Sweet Home», de Rubi Lebovitch, es una colección de fotografías que ilustra el entorno doméstico mediante imágenes sencillas caracterizadas por el misterio, la vaguedad y la incongruencia, creando una atmosfera en la que los objetos toman un nuevo significado. Igual que en una pintura surrealista, Lebovitch reinventa una realidad imposible echando mano de objetos mundanos en espacios domésticos que se vuelven anómalos y sorprendentes en la calma reflexiva de una fotografía.
Espacios y personajes llevan el espectador al campo familiar, pero esas estampas familiares se convierten aquí en escenas con un nuevo significado. Los personajes, que podemos relacionar con miembros de nuestra propia familia, parecen estar desconcertados en un entorno poco favorable, ya que la racionalidad es sustituida por una supravisión exagerada de los espacios domésticos que sitúa al espectador al hilo del terror familiar definido por Freud, un terror que difícilmente reconocemos al convivir con él a diario, pero que, como vemos en estas fotografías, despierta una ansiedad que socava la paz y la seguridad que por norma general asociamos con la casa.

Rubi Lebovitch (Tel Aviv, 1974), se graduó en Arte y Fotografía en la Academia Bezalel. Su obra ha sido expuesta en numerosas muestras individuales y colectivas en galerías y museos de todo el mundo. «Home, Sweet Home» está presente en varias colecciones de museos y galerías de EUA como el Museum of Fine Arts de Houston, NewSpace Center for Photography en Portland, Rayko Photo Center de San Francisco y el Center for Fine Art Photography de Fort Collins. Ha conseguido importantes premios como el Moscow International Photo Award, Center Santa Fe, Japan Art Festival y el Critical Mass top 50 de 2015.

NOTA: las fotografías de esta noticia pertenecen a la serie que da título a la exposición pero está por confirmar si se mostrarán en ella.