DEC 2017 A exposición Os mundos de Carlos Casares ben vale unha visita, tanto polo contido como polo «continente» – a instalación encantounos – Esta mostra que ten como obxectivo celebrar a vida e a obra do escritor ourensán, está plantexada na clave dun percurso vital, a través dunha viaxe polo tempo e polo espazo presentando diferentes «marcos» nos que se amosan as relacións de Carlos Casares co mundo, a súa vida, a súa produción literaria e o seu compromiso co país e as súas xentes.

A estrutura expositiva está organizada a través de cinco etapas nas que se expoñen arredor de 400 pezas como imaxes; fotografías; recortes de prensa; cartas; manuscritos; revistas; proxeccións audiovisuais; obxectos, como unha máquina de escribir; textos e obras de Carlos Casares:

– “Paisaxes” recolle dende os primeiros anos en Xinzo de Limia ata a saída do Seminario Menor de Ourense.
– “Luzadas” achega ao visitante á etapa universitaria, a loita estudantil e os primeiros pasos de Carlos Casares como profesor.
– «A viaxe” relata as primeiras viaxes do escritor galego por Europa, os inicios do xornalismo literario, a entrada na RAG e a madurez literaria.
– “Conviña…” visibiliza a época do compromiso político no Parlamento galego e o papel de mediador cultural da literatura galega.
– “O redondel” recolle a madurez do novelista e a conquista da popularidade no xornalismo literario; a presidencia do Consello da Cultura Galega; así como o traballo na Academia, o impulso da Arte Contemporánea, o Teatro e o Audiovisual.

Visita a exposición ata o 26/12
Lugar: MIHL – Monte Faro, s/n  Parque da Milagrosa (antigo FRIGSA)  27003  Lugo
Horario de visitas:
Luns pechado
De martes a sábado: de 11 a 13:30 horas e de 17 a 19:30 horas
Domingos de 17 a 20:00 horas
Organiza: Fundación Carlos Casares (lévase a cabo con motivo da homenaxe da Real Academia Galega no Día das Letras Galegas ao escritor ourensán Carlos Casares).
Ven a Lugo grazas á: Deputación

“ … dende o Goberno da Deputación traemos esta exposición á provincia de Lugo coa finalidade de poñer en valor a vida e obra de Carlos Casares, unha figura imprescindible na literatura galega do século XX, que foi un exemplo de compromiso coa identidade da nosa terra, e que inculcou e difundiu a nosa lingua nos máis pequenos, con obras tan importantes coma A galiña azul, Vento Ferido ou Xoguetes para un tempo prohibido, que marcaron a toda unha xeración de mozos…”. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde
«Para o Concello de Lugo é un orgullo poñer as instalacións municipais do MIHL para acoller esta mostra, que nos axuda a coñecer mellor, a través dunha presentación moi orixinal e atractiva, a figura, a vida e a obra deste autor central nas nosas letras» Lara Méndez – alcaldesa de Lugo –

Carlos Casares

Carlos Casares Mouriño naceu en Xinzo de Limia, Ourense, o 24 de agosto de 1941. A súa vida estivo marcada polo maxisterio e a amizade con Ramón Piñeiro e polo grupo de galeguistas vinculados á editorial Galaxia. Foi elixido membro da Real Academia Galega en 1977, e Presidente do Consello da Cultura Galega en 1996. Entre as súas obras sobresaen: Cambio en tres; Xoguetes pra un tempo prohibido; Vos escuros soños de Clío; ou Deus sentado nun cadeira de brazos azul, entre moitos outros. Como escritor de literatura infantil destacan A galiña azul; As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas; ou Lolo anda en bicicleta. Como biógrafo e ensaísta produciu traballos sobre a vida e obra de escritores destacados da literatura galega, como Vicente Risco, Otero Pedrayo, ou Curros Enríquez, así como traducións ao galego de O principiño do francés Antoine de Saint-Exupéry, Os escaravellos voan á tardiña da sueca María Gripe e O vello e o mar do estadounidense Ernest Hemingway. En 1976 obtivo o Premio da Crítica de narrativa galega pola súa obra Xoguetes pra un tempo prohibido, en 1996 por Deus sentado nun cadeira de brazos azul e en 2002 por Ou sol do verán. No ano 2002, faleceu en Vigo.