Bonecas Barbie para romper coa desigualdade en Lugo

Xuño 2019 O Pazo de San Marcos acolle a exposición «Rompe, xoga en igualdade» no corredor esquerdo da planta baixa ata o 31 de xullo en horario de luns a venres de 09:00 a 21:00 horas.  A mostra conta con 18 paneis e vitrinas coas recoñecidas bonecas Barbie que foron intervidas para mostrar situacións de desigualdade, discriminación e violencia.

Esta exposición itinerante, vangardista e rompedora, foi creada por Isabel Blanco e Irene Silva e con fotografías de Noemí Chantada. Trátase dunha mostra de poesía visual na que o obxecto fala por si mesmo, as bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos, así como a transmisión de valores. As bonecas expostas transmiten valores sexistas que se reproducen nos xogos, dirixindo en gran medida as condutas das nenas e dos nenos.

diputacion-lugo