ABRIL 2018 Coincidindo con Día Mundial do Arte coñecemos as cifras de visitantes á mostra da colección de Álvaro Gil que acaba de rematar no Museo Provincial de Lugo: ¡¡máis de 7000 visitas!!, as nove tandas de visitas guiadas sempre ateigadas e unha final que desbordou as previsións da organización. ¡Qué decir! Non hai mellor maneira de celebrar este día. 

Todos os visitantes puideron desfrutar desta mostra con obras de pintores tan importantes na historia da arte como Zurbarán, Murillo, Zuloaga, Sorolla, Ribera ou Rosales, entre outros artistas.

“...un auténtico éxito as máis de 7.000 visitas que recibiu a colección cedida á Deputación, de xeito temporal e gratuíto pola familia de Álvaro Gil, que se clausura este domingo... e espertou o interese de moitos asistentes como puidemos comprobar ao longo dos días que estivo aberta. Dende o Goberno da Deputación programamos actividades, exposicións e visitas ao longo de todo o ano co obxectivo de aproveitar e divulgar o noso patrimonio material e inmaterial, ao tempo que fomentamos o turismo cultural”.
Pilar García Porto
Deputada de Cultura

Sinalar que coincidiu no tempo coa exposición “A pintura mural de Santa Eulalia de Bóveda” vendose beneficiadas ambalas dúas de tal cifra de visitantes. As vindeiras exposicións que ten previstas á Rede Museística no Museo Provincial son:

  • Colección de gravados de Picasso a Annish Kapur que repasa a historia da arte contemporánea española, dende as primeiras vangardas ata as propostas posmodernas de finais do século pasado, que se inaugura o martes día 24. Travesía na que estarán presentes, entre outros, Picasso, Andy Warhol, Dalí, Tapies ou Saura
  • Traballos dos alumnos da Escola de Artes Ramón Falcón – martes 24/04 –
  • Por último, a sala de exposicións da Deputación, inaugura este xoves día 19 de abril unha completa mostra de Luís Seoane que contén óleos, gravados, parte editorial e a cerámica do protagonista da linguaxe sargadeliana.