03/12 Inauguración dunha das expos de decembro en Lugo: Somos mulleres diversas

Novembro 2018 Este luns 03 de decembro se inaugura en La Ferretería unha das expos a visitar este mes de nadal: “Somos mulleres diversas”.

Organizada pola  Vogalía de Muller e Igualdade de AUXILIA Lugo poderemos ver 15 retratos fotográficos de mulleres e nenas con diversidade funcional, pertencentes a AUXILIA e a ASPACE LUGO, e ademáis disfrutar dun debate-coloquio inaugural e unha sesión vermú de clausura abertas a todo o mundo.

O luns 03/12 ás 18:30 será a inauguración coa presenza de Sonsoles López Izquierdo, Deputada de Promoción Social e Económica da Deputación de Lugo e Ana González Abelleira, Concelleira de Benestar. Tras o acto inaugural chegará un debate-coloquio “PERSPECTIVA DE XÉNERO NA DIVERSIDADE FUNCIONAL” con Fernanda Arrojo (Vogal de Muller e Igualdade de Auxilia Lugo) e Paula Fraga (autora do blog perspectivafeminista.com).

Para a clausura da exposición, o día 15 de decembro, desfrutaremos dunha sesión vermú-aperitivo de mediodía coa actuación de Joni Ramos, as tapas de Toma Castaña e viños, cervezas e vermú de Vinissi

Tanto o debate-coloquio como a sesión vermú son eventos abertos e gratuitos. 

Recorda: exposición “Somos mulleres diversas” do 3 de decembro (día da discapacidade) ata o día 20 en La Ferretería 

 

AUXILIA Lugo

Entidade sen ánimo de lucro que leva máis de corenta e cinco anos traballando pola normalización e integración das persoas con discapacidade física da provincia.