A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, recibiu de mans do debuxante Siro tres obras da súa colección que doou ao Museo Provincial, e que xa forman parte do catalogo de pezas do Museo. As doazóns son tres retratos realizados en tempera de persoeiros moi coñecidos lucenses como son Paco Pestana, Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro. 

O retrato de Paco Pestana, escultor nado en Castroverde no 1949 que xa expuxo en museos de todo mundo, esta realizado en témpera sobre papel, 41 x 29 cm. O retrato de Celestino Fernández de la Vega, outra témpera sobre papel, 62 x 45 cm., é unha das figuras mais importantes do galeguismo; e por último o referente da xeneración Galaxia, Ramón Piñeiro, outra tempera de 73,5 x 54.

García Porto agradeceu a implicación e a xenerosidade de Siro con todos os lucenses, coa doazón destas pezas. “Para nós é unha honra e un orgullo que os museos da Rede Museística da Deputación poidan exhibir pezas dun dos mellores artistas galegos. O seu traballo ao longo de todos estes anos é un verdadeiro agasallo para a nosa cultura, e para todos os galegos”.

A Deputada lembrou que “o Museo Provincial xa acolleu no mes de novembro, a primeira gran retrospectiva deste caricaturista, unha colección que repasaba a vida e obra deste artista a través de máis 50 de obras. Unha mostra que recoñecida a ampla traxectoria de Siro que abrangue dende a caricatura, a ilustración, a pintura ou o deseño”.