O Vello Cárcere de Lugo acolle as esculturas e grabados de Xavier Costa

O Vello Cárcere de Lugo acolle as esculturas e grabados de Xavier Costa ata o 20 de xaneiro de 2020. Trátase da serie escultórica “Bernarda Espida”, composta por 51 pezas esculpidas en pedra, madeira e ferro e 51 grabados en augaforte que son o relato pictórico da historia desta heroína.

Xullo 2019 Organizada pola Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, a mostra «Bernarda Espida» está composta por 51 pezas esculpidas en pedra, madeira e ferro, que se amosan acompañadas por 51 grabados en augaforte que son o relato pictórico da historia desta heroína.

«Bernarda Espida» é a personaxe ficticia, inventada por Xavier Costa, que cobra vida en cada unha destas 51 esculturas e coa que constrúe un relato sobre “a cámara dos horrores” que foi o século XX.

Con Bernarda traza unha historia circular do sufrimento, desde antes de nacer ata a súa morte. Unha Bernarda libre, lesbiana, feminista e revolucionaria que é golpeada con ferocidade e crueldade polos grandes males da historia sociopolítica do século XX: as guerras, as ditaduras, a tortura e a represión.

 

xavier-costa-bernarda-espida

“…esta é a triste, insólita e verdadeira historia da rapaza galega Bernarda Espida, que fixo trinta e tres revolucións e perdeunas todas, que loitou pola xustiza e a liberdade e foi perseguida, exiliada, detida, golpeada, aldraxada, torturada e violada por todos os reximes ditatoriais, que foi executada e o seu corpo abandonado mas eiras pra ser pasto de pegas e corvos. Pero como Prometeo converteuse en penedo e forma parte da paisaxe galega”.

Xavier Costa

Inauguración:  18/07 – 20:30   no C.S. O Vello Cárcere. Acto conducido polo actor Cándido Pazó. 

Aberta ao público ata o 20 de xaneiro de 2020.

Xavier Costa – web oficial –