-A Deputada de Cultura presentou O mundo ao principio. “Infans”, unha colección de 56 imaxes con 16 retratos feitos pola fotógrafa, e 40 feitas polos nenos que formaron parte do proxecto

– A mostra poderase visitar, de forma gratuíta, na Sala de exposicións do Pazo de San Marcos ata o 8 de xaneiro no seguinte horario: de luns a venres de 11.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30. Sábados de 10.30a 14.00 e de 16.30 a 20.00 h. Domingos e festivos de 11.00 a 14.00h

Decembro 2018 O título do proxecto gañador desta edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea é O mundo ao principio. “Infans”, da fotógrafa Virginia Rota, e estará exposto no Pazo de San Marcos ata o 8 de xaneiro. Esta colección consta dunha colección de 56 fotografías, das cales, 16 son retratos feitos pola artista, e outras 40 son tomas feitas polos propios retratados aos que se lles deu unha cámara dun só uso con carrete en branco e negro e a encomenda de retratar o que eles considerasen “beleza e importante”. Un proxecto a longo prazo no que a autora traballou máis de tres anos. Nestas fotografías é perfectamente evidente o propósito, tanto de Virginia, atopando a inocencia perdida nos seus retratos, como dos nenos, que se enfrontaron ao encargo con verdadeira intención fotográfica.

Posteriormente á clausura da exposición no Pazo de San Marcos, esta mostra comezará un itinerario polas salas de Afundación da Obra Social de Abanca, que a levarán as cidades galegas, así como a diferentes municipios do resto de España e Portugal. 

 A mostra poderase visitar, de forma gratuíta, na Sala de exposicións do Pazo de San Marcos no seguinte horario: de luns a venres de 11.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30. Sábados de 10.30a 14.00 e de 16.30 a 20.00 h. Domingos e festivos de 11.00 a 14.00h.

Virginia Rota

Virginia Rota naceu en Málaga no 1989, onde estuda a Licenciatura de Psicoloxía. Mentres cursa o seu último ano de carreira comeza a facer fotografía e a mostrar o seu traballo en exposicións colectivas; finaliza os seus estudos e mudase a Madrid con 23
anos onde reside actualmente. Alí estuda un Máster en cine experimental e documental e comeza a traballar na súa serie de retratos chamados Saudade; que xa foron expostos en Málaga e Logroño, outorgándolle o Primeiro Premio MálagaCrea, Premio Contemporarte, selección In- cubarte 2015 e GuatePhoto 2015. O seu traballo nace da necesidade de expresarse e achegarse ao que non coñece.

Xurado

Nesta edición participaron no xurado tres profesionais do mundo da fotografía: Anxela Caramés,curadora independente e investigadora en arte e feminismos; Carmen Dalmau, directora da Galería Cero, Profesora en EFTI e curadora independente, e Isabel Lázaro, fundadora de Art Deal Project e directora do Art Photo Barcelona; ademais de representantes das institucións colaboradoras: Encarna Lago, pola Deputación de Lugo e Armando García Ferreiro pola Xunta de Galicia; ademais de membros da organización: Vítor Nieves, coordinador do Premio e Xosé Lois Vázquez, pola Asociación Outono Fotográfico.