Traxandaina-Viva-Lugo-

ABRIL 2018 E titulamos «histórica» porque non só é  a primeira gran mostra sobre o traxe aldeán de garda das terras de Lugo, a primeira vez que se realiza unha mostra destas características, senon tamén porque esta colección única «fala» da Historia de Galicia… unha mostra imprescindible que debería ser visitada por todo o mundo.

Os traxes tradicionais  provintes de Baleira, A Fonsagrada, Castroverde, O Corgo, Sarria, Portomarín, Guntín ou Muras foron recollidas polo colectivo Traxandaina, en casas por toda a provincia coa finalidade de salvagardar o noso patrimonio cultural. 

A MOSTRA

25 traxes compostos de prendas orixinais e reproducións que usaban as mulleres do rural para lucir os días de feira, os domingos para ir á misa ou “domingar”.  Se complementan con pezas de ourivería compostelá, así como pezas singulares. Tamén se poden ver pezas de pano sedán que por aquel entonces era o máis prezado, ademais de mandís de mostra, aos que se lles adica un apartado especial; as mantelas ou lensas que cobren a saia; os refaixos bordardos a man; camisas de liño de corte rectos para aproveitar os anchos do tear, e mantillos de gala, mandís de traballo, toucas de pelo de cabra, mantóns de lá feitos no Val de San Lourenzo coas mesmas técnicas que as mantas maragatas.

A mostra estará na  Sala de exposicións da Capela de Santa María – CENTRAD,  ata o 1 de xullo

Completan esta exposición actividades como unha xornada sobre a vestimenta e folclore da provincia (o 7 de abril), un roteiro guiado pola expo (08/04), un obradoiro de confección de saias (os días 12, 13 e 19 de maio) e un calendario con visitas guiadas a cargo dos responsables da mostra, ao longo de abril, maio e xuño. 

A Alcaldesa e o Presidente da Deputación inauguraron esta mostra xunto outras autoridades como a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e representantes do colectivo  Traxandaina