libreria-suenos-papel
Fotos de móvil cortesía de Kiko L. Ron

“Soños de Papel quere ser un proxecto colectivo, de todos e para todos, e ao mesmo tempo queremos ser participes de todas e cada unhas das iniciativas que se realicen nesta Praza de Augas Férreas, queremos contribuír, na medida en que poidamos a revitalizar esta zona."

Maio 2018 Recién inaugurada este sábado 12 de maio, a librería «Soños de Papel» – nome fermosísimo por certo – anuncia a primeira das actividades que van realizar no seu acolledor espacio para que este novo espazo literario sexa un punto de encontro para analizar a actualidade cultural, social e por suposto política: presentación do libro «La Marea Roja» “unha obra que non deixará indiferente a ninguén, é que narra a historia viva do narcotráfico en Galicia”  comenta a mindoniense Yoli Pumariño que está ao fronte da librería e que afronta esta nova etapa con “moitas ganas de traballar e con moita ilusión, pero sobre todo convencida que este proxecto nace para revolucionar o mundo da lectura na capital da provincia”.

A presentación do libro «La Marea Roja” de J.Manuel del Río, con prólogo de Nacho Carretero, será o martes 22 de maio a partir das 19:15, con entrada gratuita. Estará presente o autor e o editor José Membrive para falar sobre o libro e firmalo a todos aqueles que se acheguen. 

marea-roja

A librería Soños de Papel -fb- está na Rúa María Castaña esquina  Augas Férreas,  conta cunha sección especializada en literatura infantil e xuvenil, con todas as novidades do mercado. A librería ten un espazo para realizar talleres para os máis pequenos, contacontos e para presentar tódalas novidades relacionadas con mundo infantil. Ademáis, de todo tipo de produtos para regalos, como por exemplo tazas personalizadas, bolsas de tela deseñadas e papelería con todas as novidades e modernidades, e material escolar como carteiras.