Abril 2019 O libro fotográfico “Cabreiros no tempo” recupera a memoria e historia dos lucenses de Xermade editado pola Asociación de Veciños de Cabreiros de Xermade co apoio da Deputación de Lugo.

A través de antigas fotografías, recompiladas entre os veciños, o libro recupera o pasado desta parroquia de Xermade, entre os anos 1910 e 1980, reflectindo escenas da vida cotiá, dos labores do campo, a escola, festas, música e a emigración.

Na primeira tirada desta publicación editáronse 200 libros. O proxecto foi coordinado por José Manuel Felpeto e Suso Rodríguez. Cándido Díaz encargouse do traballo técnico coas fotografías. O prólogo do libro está asinado polo historiador chairego Ramón Villares.

Cabreiros no tempo