XAN 2017 Esta semana presentouse na Libraría Trama de Lugo un calendario cheo de máxicas fotos nocturnas dos nosos ceos: «Ceos Galegos 2018»

Este calendario astronómico, de gran formato, útil e fermoso, foi presentado foto a foto polo seu editor X. Dosi Veiga, que dun xeito cercano e ameno explicou onde e cómo se fixo cada fermosa toma.

Conten imaxes de paisaxes típicas, fenómenos atmosféricos singulares, solpores, ceos estrelecidos… cada unha ten un texto breve explicando o que se observa, recollendo páxina a páxina e de xeito didáctico, conceptos e temas diversos e interesantes. Ao longo do ano percorremos:

  • ría de Vigo e ponte de Rande (Pontevedra)
  • montañas dos Ancares (Lugo)
  • faro de punta Roncadoira en Xove (Lugo)
  • antigo faro de cabo Silleiro en Baiona (Pontevedra)
  • penedo do Galo en Viveiro (Lugo)
  • catedral de Santiago de Compostela
  • montañas de Trevinca na Veiga (Ourense)
  • canastro de Gontán en Verea (Ourense)
  • faro de Corrubedo (A Coruña)
  • illas Cíes (Pontevedra)
  • torre de Hércules (A Coruña)
  • praias de Camariñas (A Coruña)
  • galaxia de Andrómeda e as súas satélites (Grupo Galáctico Local)
  • nebulosa de Orión na constelación homónima (Vía Láctea)

 

Ceos Galegos é un proxecto de divulgación e comunicación social. De ciencia, no sentido amplo da palabra, pois inclúe astronomía, xeoloxía, bioloxía… pero tamén historia, arqueoloxía, literatura. De fotografía, pois artéllase ao redor dunha imaxe fermosa do ceo. De cultura, porque a cultura científica tamén é cultura. Porque coñecer o noso contorno máis próximo permítenos comprender mellor quen somos e de onde procedemos, proxectándonos cara o futuro. Pero tamén permítenos valorar mellor os ceos doutros lugares, porque podemos aprezar as semellanzas e as diferenzas.

 

 

 

Podes mercar Ceos Galegos 2018 na súa tenda on-line ou nalgunha librería do seguinte listado

 

COMPARTE ESTE ARTIGO NAS TÚAS REDES