XAN 2018 Se no seu día, hacia outubro do ano pasado, calificábamos á Librería Trama como o epicentro das presentacións de libros en Lugo, este 2018 redobran a aposta no seu apoio á difusión cultural e nos próximos días teremos: a presentación dun documental, a de un libro de viñetas cómicas e unha performance poética. Ardelle o eixe! Ahí é nada.

Toma boa nota:

Venres 26 de xaneiro

19.00 Presentación do documental: Os días afogados

Presentación do DVD do documental Os días afogados, unha longametraxe documental, Premio Mestre Mateo 2016 ao Mellor Documental,  producida por Amanita Films e dirixida por César Souto e Luís Avilés Baquero. Na presentación estarán presentes Iván Patiño e Pepe Coira

Sinopse:

Imaxinemos que temos que asistir á destrucción programada do lugar onde fixemos a vida, que somos espectadores forzosos da desaparición do sitio onde nacimos e temos as nosas raíces. En 1992, a construción do encoro de Lindoso (Portugal) anegou para sempre a aldea de Aceredo (Ourense, Galicia).
Os seus habitantes nada puideron facer para salvar os seus fogares nin as súas terras. Anos antes, sabendo que todo estaba a piques de perderse, Francisco Villalonga e outros veciños da aldea colleron as súas cámaras domésticas e comezaron a gravar.

As súas imaxes, filmadas desde mediados dos anos 60, constitúen un valioso documento histórico e etnográfico, filtrado pola subxectividade e as vivencias familiares. Non son un simple rexistro obxectivo duns espazos que están condenados a desaparecer, senón que ofrecen unha reflexión espontanea sobre os aspectos simbólicos do que estamos vendo. Máis alá do íntimo, revélanse como un retrato dos mecanismos cos que actúa o poder.
A tensión entre o existencial e o político, e entre o tempo pasado e a realidade presente, condicionan unha historia que trascende fronteiras e que se proxecta en multiples sentidos máis alá de si mesma.

Sábado 27 de xaneiro

12:00 Santy Gutiérrez , autor das viñetas de El Progreso de Lugo, presentara o libro editado por Demo Editorial que recolle o seus debuxos do ano 2017. O autor estara logo ata as dúas asinando exemplares

Luns 29 de xaneiro

19:00 Bic in progres
Presentación performativa del poemario b/i/c//m.o.r.d.i.d.o, donde la poesía se mezcla con otras disciplinas escénicas y música en directo.

Pretende acercar la poesía desde otros sentidos, hacerla vivir a través de la voz, el cuerpo y la sonoplastia en una interacción mutua. Una búsqueda de un lenguaje escénico particular: no es poesía, «ni danza, ni teatro, ni música, es algo que existe entre todas esas cosas».

Una historia sobre la soledad y crudeza del camino del que huye de la normopatía, de esa peregrina por las emociones de una vida apasionada, llena de tristeza, duelo, anhelo, pero también sensualidad, belleza y, ¿por qué no?, a veces, un atisbo de esperanza.

Librería Trama
Avenida A Coruña, 21, Lugo