23/09 II Festival do Leite en Lugo: un día de concertazos para toda a familia

A segunda edición do Festival do Leite, organizada por Deleite Galego (fb), terá lugar o sábado 23 de setembro no Parque do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo. Será unha xornada de música para toda a familia, grandes e pequenos, coa que Deleite (impulsada por un grupo de gandeiros galegos) queren resaltar a importancia cultural e económica do leite para Galicia.

A partir das  12:00 horas empezan os concertos das seguintes bandas: Siniestro Total, Terbutalina, Adrian Costa & The Criers, Best Boy, Os Amigos dos Músicos, Escuchando Elefantes, Atrás Tigre, Musel, Caxade, The Funkles, Primordiais, Cachas & Cousins e… todo co gran Touriñán coma mestre de ceremonias 🙂

Haberá postos de comida e bebida para pasar o día … coma unha romaría! E, tamén, programación infantil: actuacións do mago Don Gelati, de Peter Punk e o humorista gráfico Luis Davila ensinará aos máis cativos a debuxar!

A entrada será de balde, pero agradecese que, na medida do posible, se aporten nos puntos de acceso alimentos de primeira necesidade (pasta, arroz, aceite, galletas, etc.) con destino á Federación Galega de Bancos de Alimentos, coa que vén colaborando Deleite dende os seus inicios.

Todo o beneficio que se xere de barras e merchandising irá para ONGs que traballan cos refuxiados.

Buses gratuitos:  Os buses sairán cada media hora desde as 12.30 horas para ir ao festival e desde as 12.45 de regreso á cidade. O último autobús de regreso sairá á 1 da madrugada desde o Festival.Percorrido de ida: Saída da Ronda da Muralla (fronte a sindicatos), pasando por Ronda da Muralla (fronte a porta de San Fernando), Ronda da Muralla (esquina con Camiño Real), Rúa Ourense, Rúa Tui, Praza Fonte dos Ranchos, Avenida das Américas e Pazo de Feiras e Congresos. Os autobuses collerán xente en todas as paradas do bus urbán que estean no percorrido do autobús.

Escoita as bandas no nosa lista de spotify, empeza xa a mover os pés!!!: PLAY

Parque do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo – Avenida dos Deportes s/n, 27004 Lugo