XAN 2018 Este sábado 27/01 ás 23:00 temos unha cita imperdible no Clavi de Lugo: o concerto solidario de axuda a Nicaragua organizado pola ONG lucense Axunica!!!

O precio da entrada é de 5€ e será destinado íntegramente a proxectos en Nicaragua nos que traballa Axunica e que teñen sempre como fondo mellorar a calidade de vida dos nicaraguanos: saúde, educación, infraestructuras, novas tecnoloxías, microempresas… en concreto este concerto busca recadar fondos que axuden a financiar as becas de estudio e os comedores infantiles que comezan en febrero.
Se non podes ir ao concerto, pero queres colaborar, podes mercar a entrada fila cero no Bico de Grao.

Na festa solidaria participan de xeito desinteresado:

Presentan: Michael Pereira e Anxo Lamelo
Tocan: Bátega, Adrián Vigo, acompañado de David Taboada, e Filophóbicas
Colaboran: A Fouce, O Clavi, Vitoria (deseñadora do cartel) e Prelo

Sobre Axunica:

Axunica é unha ONG que leva desde 1996 adicada a cooperación no desenvolvemento económico e social dos nicaraguanos, sendo algúns dos alicerces que nos sosteñen a igualdade de xénero, a solidariedade entre pobos e persoas, a loita pola xustiza e a denuncia social.

Dende Axunica traballamos fundamentalmente en Nicaragua, implicándonos en proxectos sociais, produtivos, educativos e de promoción da muller. Ao mesmo tempo, como membros da sociedade lucense tentamos sensibilizar sobre as desigualdades Norte Sur e as precarias condicións de vida nas que viven a maioría dos seres humanos, xeradas polo inxusto modelo socioeconómico mundial.

Fotos da galería da súa web oficial: