Marzo 2019 O FaCeLa celebra as Letras Galegas con dous concertos de bandas galegas – e en galego -, probablemente as máis en forma do momento: Chicharrón e Os Amigos dos Músicos.

A dobre cita será ás 13:00 os días 17 e 18 de Maio, un concerto cada día, nos Xardíns da Deputación, con entrada de balde 

17 de Maio. Chicharrón
Os de Carballo  veñen de bandas como  Franc3s, Lowcost e Telephones Rouges. Son músicos ben coñecidos na escena galega que ademáis contan coa garantía «Prenom», colectivo artístico galego sinónimo de calidade musical e audiovisual. 

Poesía musical directa ao corazón.  Veñen a presentarnos o seu recente terceiro disco «Cancións clínicas» onde a electrónica, guitarras e sintetizadores conviven de forma espectacular co romanticismo marca da casa.

18 de Maio. Os amigos dos músicos.
Desde Ourense facendo música e recollendo premios desde o  2012, os últimos: Mellor banda de pop nos Premios Martín Códax da Música Galega 2017, Mellor disco galego de 2016 para Mondosonoro. Nº5 nos mellores discos de americana/folque para Mondosonoro. Finalista nos Premios MIN 2017 na categoría de mellor álbum en galego…

Folk rock luminoso sen deixar de lado a electricidade. 

Lugo será unha das primeiras datas onde presentarán en directo «Segundo fogar» o novo álbum que está a piques de sair.

Concertos de Chicharrón e Os Amigos dos Músicos