Concerto: as sinfonías do xenial Mozart no Círculo das Artes de Lugo

Sábado, 6 de abril, Mozart no Círculo das Artes, as 20:00h. Entrada gratuita para estudantes da USC, retirando a entrada previamente na Casa do Saber. Entrada a 3 euros para outros estudantes. Entrada gratuita para menores de 18 anos (os menores de 14 deberán ir acompañados dun adulto). Entrada xeral: 20 euros á venta nas oficinas do Círculo das Artes.
E antes, ás 18:30 h, charla sobre Mozart en «Programa de antemán» tamén no Círculo das Artes (Salón de columnas). Entrada gratuita para todo o mundo. 
Mozart-Iván Mouronte
Orquestra Sinfónica Vigo 430

Tomás Grau, director

María Florea, violín

Sara Ferrández, viola

Programa:

W. A. MOZART: Sinfonía Concertante, Sinfonías nº 1 e 41 «Xupiter»

Promove: 

Sociedad Filarmónica de Lugo

Tomás Grau, director

Nacido en Barcelona no ano 1979, realiza os estudos musicais no Conservatorio Superior Municipal de Música da mesma cidade, onde obtén o título de Profesor Superior en Dirección de Coros, galardoado co Premio de Honra, no ano 2003. Prosegue os seus estudos de dirección na Escola Superior de Música de Cataluña, onde obtén o Título Superior de Dirección de Orquestra, alcanzando as máximas cualificacións, no ano 2007. Segue os seus estudos cos Wiener Meisterkurse 2006 e 2007, na especialidade de Dirección de Orquestra.

Dirixiu, entre outros, solistas de altura nacional e internacional como Patricia Kopatchinskaja, Sabine Meyer, Stephen Kovacevich, Alexander Melnikov, Steven Isserlis, Alice Sara Ott, Sayaka Shoji, Albrecht Mayer, Leticia Moreno, Asier Polo, Pablo Ferrández, Judith Jáuregui, Jesús Reina, Josu de Solaun e Núria Rial, nas principais salas de concertos de España.

Actualmente é o director titular e artístico da Orquestra Simfònica Camera Musicae, e invítano regularmente a dirixir outras formacións, como a Stuttgarter Kammerorchester, Moravian Philharmonic Orchestra, Orquestra Nacional Clásica de Andorra, Orquestra Sinfónica da Rexión de Murcia, Orquestra Clásica Santa Cecilia, Orquestra Academia Galamian e Camerata Eduard Toldrà, entre outras.

Entre os seus compromisos máis inmediatos destacan os seus debuts en salas como a Tonhalle de Zürich e a Smetana Hall de Praga, e dirixindo solistas como Seong-Jin Cho, Esther Yoo, Kian Soltani e Ainhoa Arteta.

María Florea, violín

Nacida en Barcelona en 1993, empezou a estudiar o violín aos catro anos xunto ao seu pai, o violonchelista e director de orquestra Cristian Florea, e con só sete anos ofreceu o seu primeiro concerto como solista.

Recibiu clases dos profesores Gonçal Comellas, Adelina Oprean e Stefan Gheorghiu, así como clases maxistrais de Sergey Kravchenko, Pamela Frank, Mauricio Fuks, Ivry Gitlis, Yair Kless, Maxim Vengerov e Maurice Hasson entre outros.

Foi alumna da Escola Superior de Música Reina Sofía (2010-2014). Tocou como solista no Palau de la Musica Catalana (Barcelona), Ateneu e Sala Radio (Bucarest), Organ Hall (Moldavia), Sala Thalia (Sibiu) e obtivo premios en concursos internacionais como Jeunesses Musicales (Bucarest), Paper de Musica (Barcelona), Wieniawski/Lipinski Competition (Polonia), Young Virtuosos (Bulgaria) e xunto ao pianista español Juan Barahona foron finalistas do concurso de música de cámara Parkhouse Award que tivo lugar no Wigmore Hall de Londres.

Recentemente foi galardoada co primeiro premio do David Martin Violin Concerto Competition que tivo lugar no Royal Academy of Music e obtivo o segundo premio no Concurso Permanente de Juventudes Musicales de España.

Finalizou os seus estudos de Máster con distinción de honra no Royal Academy of Music de Londres co profesor György Pauk e obtivo premio especial ao mellor recital final.

Continúa os seus estudos de posgraduado no Mozarteum de Salzburg co violinista Rainer Schmidt.

Sara Ferrández, viola

Nacida no seo dunha familia de músicos, a violista Sara Ferrández Castro comeza a tocar a viola con 3 anos.

Foi alumna da Escola Superior de Música Reina Sofía e actualmente continúa os seus estudos en Berlín na Hochschule für Musik Hanns Eisler coa prestixiosa Tabea Zimmermann.

Cabe destacar que cando contaba con 21 anos, foi invitada pola prestixiosa Orquestra Filharmónica de Berlín, a realizar unha xira como violista e dende o ano 2015 forma parte do ensemble Mutter Virtuosi coa prestixiosa solista Anne-Sophie Mutter.

Asistiu a festivais como Chamber Music Connects the world en Kronberg (Frankfurt), onde tocou concertos de música de cámara con solistas como Gidon Kremer, Steven Isserlis, Christian Tetztlaff ou Vilde Frang; Verbier Academy Festival (Suíza), Ozawa Academy (Francia), Bad Leonfelden (Austria), Casalmaggiore (Italia), Musika Música (Bilbao) e tocou en clase maxistrais para artistas da altura de Yuri Bashment, Antoine Tamestit, Jesse Levine, David Quiggle, Kim Kashkasian, Nobuko Imai, Thomas Riebl, Harolf Schlichtig, Roger Chase ou Gerard Causse.